Un ano máis, chega a primeira festa do curso, unha festa
que nos atrapa a todos polo misterio e a fantasía que a acompañan: O Samaín. 🎃👿👻
Máis este curso a celebración vai ser
un pouco diferente xa que o maldito COVID-19 💀está a conseguir que non poidamosreunirnos para facer as actividades que tanto
nos gustaban, como a decoración de portas de medo, o concurso de cabazas…Aínda
así, non deixamos de argallar cousas para celebrar esta data.
Desde a biblioteca Castelao propuxémosvos a creación de ilustracións con palabras que
dan medo para facer unha exposición na biblioteca. E aquí tedes as imaxes na porta de entrada,
como antesala ao ceo de pantasmas devoradores de libros que pululan pola biblio.👻👻👻
Ahhhh!, e lembrade que tedes na biblio un montón de
lecturas e libros de medo....medo???, quen dixo medo???. Atrévete a
descubrilos!!
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da
Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día
das Bibliotecas, este 24 de outubro
de 2020. "A
edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en
destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á
cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e
circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando
servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir. As bibliotecas escolares
galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da
comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre
reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as
nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén,
a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e
do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas
públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA
ESCOLAR , quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece
a biblioteca escolar para a construciónn da persoa lectora a través
de distintas actividades de distintas actividades que programa e dos recursos
que pon a disposición da comunidade educativa, que a ten sempre ao seu carón.
Dende a biblioteca Castelao queremos
convidarvos a participar nunha actividade para celebrar o Samaín.
Trátase de crear unha imaxe segundo estas
instrucións:
Nun folio ou nunha lámina DIN A4, escribir unha palabra ou frase curta que
provoque medo e acompañala cunha ilustración ao respecto.
A ilustración pode ocupar toda a lámina e superpoñer
o texto. Tamén pode tratarse, simplemente, de unha imaxe que acompaña ao texto.
Pódese facer en sentido vertical ou
horizontal.
Pódese aplicar calquera tipo de técnica, tamén
se pode facer enteira por ordenador. Neste caso habería que enviala ao correo
da biblioteca (biblioteca.castelao.monfero@gmail.com)
para que podamos imprimila.
Todas as vosas creacións serán expostas na
biblioteca.
Unha vez recibidos os traballos feitos polo alumnado podedes ver aquí un por un, o que foi a exposición na biblioteca:
Este ano 2020 conmemórase o centenario do nacemento de Isaac
Díaz Pardo e Alento Esbravexo convoca un concurso onde cadaquén pode inspirarse
en algo relacionado coa figura de Isaac Díaz Pardo (un acontecemento concreto
da súa vida, un debuxo, unha pintura, unha tipografía, un cartaz, unha peza
cerámica, etc.), tamén se poderá inspirar na súa escola (empresas que formou,
artistas discípulos de Isaac,...) ou mesmo se pode facer algo totalmente novo,
xa for reinterpretando calquera destes eidos artístico-vitais indicados e crear
un debuxo, unha pintura, un tipo de letra, un deseño, grafiti, xoia, danza,
música, etc. con total liberdade.
O prazo de presentación das obras remata o 13 de agosto de
2020.
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA
ESCOLAR é o lema que A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica
para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021ª. Este
lema querepoñer o foco nas
posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa
lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon
a disposición da comunidade educativa.
A ilustradora encargada este ano
de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe
evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.
En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver
ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer
outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do
alumnado. Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas,
comezar a viaxe desde distintos portos:
- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a
investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou
da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de
coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo".
- Configurar o itinerariolector como punto de partida da nosa xeografía lectora.
- Debuxar o mapa das nosas curiosidades, exploracións e
descubrimentos a través das lecturas.Descubrir as relacións entre identidade e lectura.
- Observar o modo en que cambiou a nosa xeografía lectora
durante o período de confinamento (os nosos hábitos, as nosas lecturas...).
- Saber que somos os nosos propios cartógrafos, os que
organizamos o noso espazo lector (e o noso "liberespazo", o sistema
de lecturas que imos creando ao longo da vida).
- Observar o noso corpo como un mapa de coñecemento,
achegarnos á práctica da lectura a través do propio corpo. Descubir a
capacidade reparadora da lectura.
- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e
literatura,que convidan á aventura
(debuxar espazos peritextuais, con mapas e planos que crean expectativas e
acompañan na aventura lectora, debuxar mapas que representan mundos coñecidos e
mundos imaxinarios, relacionar as nosas lecturas a través de
"constelacións literarias", en función da temática, os
personaxes...).
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar
todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato,
con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en
movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas
individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de
ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender
mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...
Bea Lema ilustradora do lema deste curso "Xeografías
lectoras na biblioteca escolar" nos fala neste vídeo do seu interese polas
imaxes que transmiten unha idea de forma sintética, os ilustradores que a
inspiran, o proceso de documentación, as probas, a técnica ...
Onte deitámonos coa mala nova do pasamento do gran Quino...pero Mafalda será inmortal.
A primeira historieta deMafalda publicouse o 29 de setembro de 1964 no semanario Primeira Plana,
pero a nena nacera un ano antes, creada para un anuncio –que nunca viu a luz– da
axencia de publicidade ondeQuino
traballaba para financiar a súa paixón polo debuxo. Fillo de inmigrantes
andaluces, con trece anos empezou a estudar Belas Artes enMendoza, pero fartouse do clasicismo da
academia para dedicarse ao cómic e aos 18 anos foi vivir a Buenos Aires,
publicando a súa primeira tira cómica no semanario “Esto Es”en 1954.
As aventuras deMafalda publicáronse entre 1964 e 1973, pero seguiron reeditándose,
traducíndose,replicándose en revistas e
diarios e percorrendo o mundo e as distintas xeracións durante medio século.
Ata hoxe.
Aínda que a súa vixencia no séculoXXI é total, o debuxo deMafalda quedou conxelado en 1973, o humorista
non dubidou en recrear aMafalda por
unha boa causa, como cando en 1977 ilustrou a Declaración Universal dos
Dereitos dos Nen@s para Unicef. O debuxante e a súa filla Mafalda foron obxecto
de múltiples homenaxes e recibiron galardóns por todo o planeta, destacando no
2014 o título de Cabaleiro da Lexión de Honra de Francia e o Príncipe de
Asturias de Humanidades.
TURISTEANDO COS MIÚD@S, é o primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e
miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña. Un xogo
realizado para o fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 co que podedes
xogar en calquera momento, no colexio ou na casa.
Se queredes xogar e acceder a el, só tedes que
clikar na imaxe que tedes a continuación.
Neste curso tan singular quedáronnos moitas cousas pendentes que debido á suspensión das clases non se puideron facer ou rematar. Outras quedaron aplazadas como o programa Erasmus +. No mes de febreiro seis alumnos e dúas profesoras viaxaron a Finlandia, agora parece tan lonxe como se faláramos doutra época.
Non queriamos rematar este curso sen publicar este traballo que fixeron as alumnas Clara Brage e Lucía López sobre a súa experiencia en Finlandia.