"A Familia" é o título do conto teatralizado que os rapaces e rapazas do Grupo Variopinto Animación, pertencente á Fundación Igualarte (unha fundación que traballa en favor do colectivo de persoas con diversidade funcional e a súa inclusión) contaron aos nenos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, amosando as diferentes familias que nos podemos atopar (monoparentais, numerosas, con dous papás, con dous mamás). Unha vez rematada a actividade cada neno/a debuxou as persoas que conforman a súa familia e as presentaron elaborando un móbil colgante. Cada familia é diferente, pero igualmente marabillosa!!
28/04/23
26/04/23
MALETA LITERARIA
Acaba de chegar á nosa biblioteca a Maleta Literaria. Xoves 26 de abril 2023.
A FRAGA DO MEU AVÓ
A BOLBORETA DORETA
A ÁRBORE DA ESCOLA
MANUELA
SEMENTES DE PAPEL
BENXAMÍN, O CACHALOTE QUE QUERÍA SER GOLFIÑO
A PROMESA DO CABEZOLO
A HORTA DE SIMÓN
BOSQUE
EL RATÓN Y LA MONTAÑA
XAIME E AS LANDRAS
OLIVIA Y LAS PLUMAS
DULCE CANTO DE UN PÁJARO EN EL JARDÍN
EN BUSCA DE LO SALVAJE
XA NON SON MALO
ALGUIEN SE HA TRAGADO A LOLA
24/04/23
EXPOSICIÓN MULLERES NA PEDAGOXÍA
Dende o luns 24 abril ata o luns 8 de maio de 2023 estará a disposición da comunidade educativa na biblioteca escolar a exposición "Educación en Feminino: un paseo pola historia". Esta interesante mostra está composta por 39 pósters elaborados polo alumnado da materia Teoría e Historia da Educación Escolar 1º curso (1º semestre) do Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria e do Dobre Grao Infantil+Primaria, da Facultade de Formación do Profesorado (Campus de Lugo, USC). O seu contido recolle as biografías e a obras pedagóxicas de máis de 50 educadoras (ou colectivos de educadoras) teóricas e/ou prácticas, de distintos lugares do mundo e de diferentes épocas históricas (con especial protagonismo para educadoras galegas da Idade Contemporánea), ordenados polo ámbito xeográfico-cultural de pertenza e data de nacemento das súas protagonistas.
Exposición Educación en Feminino by veracruces on Scribd