12/04/24

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "NÓS SOMOS ELAS"

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e as participantes no programa Donas de si, queremos convidarvos a desfrutar da exposición itinerante "Nós somos elas" que cedeunos temporalmente a Deputación da Coruña.

A mostra consta dunha serie de fotografias nas que se recolle a esencia do mundo rural e mariñeiro e póñese en valor a importancia da presencia feminina tantas veces silenciada. As instantáneas, pertencentes ao Arquivo Vidal, acompáñanse das verbas de poetisas contemporáneas para dar máis forza ás imaxes. 

Esta mostra estará no centro ata o próximo día 22 de abril e podedes atopala na biblioteca e no corredor da planta baixa do edificio de secundaria.











FALAMOS DA EMIGRACIÓN

Este venres 12 de abril 2024 recibimos no CPI Virxe da Cela a un grupo de persoas maiores que viñeron falarnos das súas experiencias na emigración a Europa e a América. A primeira parte do encontro tivo lugar na Biblioteca Castelao, onde se falou das distintas historias dos tres relatores e os rapaces/as fixeron as preguntas que traían previstas e outras moitas que lles xurdiron ao escoitar as experiencias vitais. Ao remate, todos xuntos, degustamos unha pequena merenda na Aula de Usos Múltiples. Foi unha experiencia interxeracional totalmente enriquecedora, pois os adolescentes encargáronse do coidado e vixilancia dos máis pequenos, mentres escoitaban as historias dos maiores. Estamos desexando que volvan para a segunda sesión que terá lugar en maio! Esta actividade foi realizada en colaboración co Departamento de Xeografía e Historia, contando co apoio do Espazo+60 ABANCA de Pontedeume.




11/04/24

LER CON...D: LECTURAS COMPARTIDAS DENTRO DO CENTRO

 Xoves 11 abril 2024, coincidindo coa visita dun grupo de docentes do CEIP Pintor Rosales de Madrid para realizar observacións no noso centro dentro do programa Observa-Acción (o noso centro está na III Fase) o alumnado de 2º EP realiza na Aula Ferraganchos unha lectura compartida co alumnado da ESO  membro do Club de Lectura, dando continuidade a un proxecto de apadriñamentos lectores iniciado no mes de marzo e que está a ter moito éxito entre os máis pequenos/as.






CHARLA RESERVA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

O xoves 18 de abril de 2024 alumnado de 3º ciclo de EP visitou a Biblioteca Castelao para recibir unha charla sobre a importancia de preservar a riqueza e patrimonio natural da nosa contorna, impartida por unha persoa do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Esta charla constitúe a primeira das sesións do programa "Para unha transición ecolóxica", desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, e pretende por en valor a importancia dos espazos naturais protexidos, establecendo vínculos afectivos co medio para acadar que os escolares reforcen a visión respectuosa coa contorna e adquiran actitudes e comportamentos cara a súa conservación. Para a vindeira semana temos prevista a segunda sesión, que consistirá nun roteiro guiado polo espazo natural protexido Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. 



10/04/24

III CONCURSO DE MICRORELATOS

 Cara a celebración do día do libro o equipo da Biblioteca e o EDLG lanzamos o III Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.

A través del podedes  deixar voar a vosa imaxinación e trasladarnos  a vosa creatividade. 

Poderán participar o alumnado dende 5º de EP ata 4º de ESO.

      Aquí podedes consultar as BASES.  ANIMÁDEVOS A CREAR!!!

III CONCURSO DE MICRORRELAT... by yolick20003194