23/11/24

25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER



O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller e  na biblioteca realizamos algunhas actividades coas que fomentamos a educación en igualdade. Traballamos coas nosas alumnas e cos nosos alumnos desde o respecto e a empatía elaborando acrósticos ou escollendo palabras (substantivos e adxectivos) en positivo que escribimos nas xanelas para darlles visibilidade, tanto dentro do centro coma fóra (metaforicamente a través do cristal)



                                                                                           



Ademais expoñemos as nosas propostas de lectura e consulta relacionadas coa temática e ofrecemos os nosos fondos bibliográficos adaptados aos distintos niveis e etapas. Quedan á vosa disposición!!!



                              Mirade, mirade!





CONTACONTOS EN INGLÉS

O alumnado de 2º de EP tivo a sorte de asistir a un contacontos en inglés na biblio, velaquí unhas imaxes do ben que o pasaron tanto durante  o contacontos como despois, coas actividades de animación e coa elaboracón duns orixinais monicreques. 








22/11/24

Biblioteca solidaria:

 Segundo obradoiro desta proposta da Asociación EuroEume que en colaboración coa oficina para a igualdade de xénero da UDC contamos coa presenza de ........que adica a súa vida profesional a investigar sobre distintas temáticas vencelladas á soberanía alimentaria, a custodia do territorio ou os coidados e comunidade.


Imaxes da conversa con:................

18/11/24

Biblioteca Solidaria: Enraizadas

Enraizadas nace coa necesidade de visibilizar e poñer en valor as estratexias de sostemento da vida que se levan a cabo no rural e, máis concretamente, o papel das mulleres neste proceso.

Este proxecto educativo de educación social na escola da man da Asociación EuroEume, busca contribuír á visibilización e o recoñecemento das mulleres na sociedade, incidindo nun cambio de mentalidade no que os traballos reproductivos e as persoas que os sustentan se convertan en referentes.

Buscando asi mesmo, espallar os valores e reflexións do ecofeminismo, contribuíndo ao desenvolvemento rural, reflexionando sobre a soberanía alimentaria, a custodia do territorio e os coidados e comunidade.

Nesta nova edición de 2024, a temática son os coidados e comunidade, onde de maneira transversal, traballaremos valores como a igualdade, a creatividade e a sustentabilidade.

Nesta primeira sesión o alumnado de 5º curso traballamos  sobre as nosas referentes e outras cunha perspectiva máis global para identificar a conversa que queremos desenvolver nos seguintes obradoiros da actividade.


Imaxes das dinámicas da actividade.