14/04/23

DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA CASTELAO

 A poucos días da celebración do Día do Libro (23 Abril 2023), a Biblioteca Castelao está a realizar actividades de dinamización nos tempos de lecer. Son moitos os rapaces e rapazas que se achegan á biblioteca para potenciar a súa creatividade coloreando unha variada colección de siluetas de flores. Hai unha mesa de traballo no centro de biblioteca onde ademais de estar expostos unha morea de libros relacionados con autores/as galegas, os nenos e nenas teñen lapis de cores e rotuladores para decorar as plantillas de flores. 












12/04/23

1 ABRIL: DÍA DAS ARTES GALEGAS, ADICADO A MARTÍN CODAX

 A Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba) celebrou este sábado, 1 de abril, o Día das Artes Galegas cun acto institucional no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo en lembranza do trobador Martín Codax, persoeiro homenaxeado neste 2023. 

Desde a Bibioteca Castelao, en colaboración cos departamentos de Música e CCSS, queremos visibilizar a figura de Martin Codax e resaltar a súa contribución nas artes, lingua, música e cultura galega en xeral. 

Alumnado de 3º da ESO realizará un traballo de indagación sobre o Pergamino Vindel, e as súas pesquisas serán amosadas á comunidade educativa a través dunha exposición albergada na Biblioteca Castelao e un proxecto de podcast radiofónico. 





11/04/23

XOGOS DE MESA: MEMORY CAMIÑO DE SANTIAGO

E xa de volta ás clases despois das vacacións de Semana Santa, o alumnado de relixión de 4º EP estivo na Biblioteca Castelao coa súa mestra Cristina Rabuñal elaborando as tarxetas que conformarán un xogo de mesa estilo "memory" relacionado co Camiño de Santiago.