
Dende hai uns días temos no noso colexio a exposición "Cartas de amor"na que se mostra a visión de 15 artistas plásticos sobre a violencia de xénero.Esta mostra de ilustración e cómic trata de sensibilizar á poboación mais xove sobre a
existencia de violencia na súa forma de relacionarse, axudar a detectala e, en definitiva, erradicar as formas de relación asimétricas e
violentas.Pretende
abrir unha reflexión sobre o paralelismo entre o mundo romántico das
primeiras relacions de parella e a crueldade que ás
veces vai asociada a elas, considerando que se detectan moitos casos de
relacións entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal ou
física. Entre outras, hai creacions de figuras galegas como Patricia
Castelao, Pirusca, David Pintor e Óscar Villán; e dos premios
nacionais de ilustración e de cómic, Miguel Calatayud e Paco Roca.
A iniciativa forma parte da oferta de actividades
propostas pola Secretaría Xeral da Igualdade á red galega de
entidades locais contra a violencia de xénero, en colaboración coa
Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP.