Documento A4 Actividades Día del Libro infantil Blanco Azul de bibliotecacpivirxedacela
Amosando publicacións coa etiqueta lecturaefamilias b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lecturaefamilias b>. Amosar todas as publicacións
12/06/26
13/04/26
Mércores 22 de abril. Celebramos do Día do Libro e da Familia!
Este ano celebramos o Día do Libro e da Familia xuntos. Primeiro, de 15:30h a 16:30 h faremos lecturas compartidas co alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e a ESO (voluntarios/as). Cada familia unirase ao seu grupo e sairemos ao patio ler xuntos os libros que previamente escollan os nenos e nenas cos seus titores/as (non tedes que traelos da casa). A continuación, a partir das 16.30 h haberá un concerto didáctico da man de Lydia Botana (Bolboreta) do libro disco en galego "De aquí para alá" que durará uns cincuenta minutos.
- O alumnado de EI lerá no patio de EI.
- O alumnado de 1º e 2º lerá na zona do "estanque".
- Alumnado de 3º e 4º lerá na zona de baixada paralela ao patio de EI.
- O alumnado de 5º e 6º lerá na zona das árbores.
O concerto de Lydia será fóra e non haberá aforo limitado pero si é necesario anotarse para levar un control dos que imos ser e por se chovera no correo: bibliotecacpivirxedacela@gmail.com
Se chove, as familias iredes indo para os lugares correspondentes de lectura dentro do cole:
- O alumnado de EI lerá nas súas propias aulas.
- O alumnado de 1º, 2º e 4º lerá no patio cuberto.
- O alumnado de 3º no primeiro andar.
- O alumnado de 5º e 6º no segundo andar.
Animádevos a participar!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
