11/03/24

RADIO NA BIBLIO: OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL

 O martes 12 de marzo 2024 contamos na Biblioteca Castelao coa visita de Charo Pita,  que impartiu en tres quendas unha formación sobre técnicas de narración oral.  (5º EP de 10:30 a 11:30 3º EP de 12:00 a 13:00; 4º EP: de 13:00 a 14:00). Os rapaces e rapazas estiveron atentos e participativos, aprendendo trucos e claves para sacarlle o mellor partido á nosa voz e potenciar a nosa oralidade, algo clave á hora de traballar no medio radiofónico. Precisamente dentro do programa Radio na Biblio os máis pequenos/as están a aprender como transformar un relato escrito nunha historia para ser narrada. Encantounos ter a oportunidade de coñecer a Charo Pita nesta súa vertente pedagóxica, ogallá non tardemos moito en descubrila como escritora, actriz e contacontos!!