A través desta fermosa historia, viaxamos ata un lugar máxico habitado por nenas e nenos de diferentes idades, con distintas voces e sorrisos. No centro do val medra a Árbore das Estrelas, cuxas follas simbolizan dereitos fundamentais como a educación, a protección, a saúde, o xogo, a identidade ou a familia. Este conto axudounos a reflexionar sobre unha idea clave: que garantir os dereitos da infancia é responsabilidade de toda a sociedade e que cada neno e cada nena merece medrar feliz, seguro, coidado e en igualdade de oportunidades.
Despois da interpretación do conto, o alumnado de 4º de ESO organizou un divertido xogo de Pasapalabra no que puxemos a proba todo o aprendido sobre os dereitos da historia. E, como broche final e lembranza desta xornada tan especial, todos os participantes levaron de agasallo unhas chapas conmemorativas! 🏅
Porque os dereitos da infancia non se celebran só un día: cómpre coidalos, defendelos e facelos brillar todos os días do ano! 🌟


