12/03/21

AS BIBLIOTECAS NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Tedes na biblioteca unha exposición de libros, comics, contos...relacionados co Día Internacional da Muller.

Non deixedes de consultalos!





 

O Día Internacional da Muller 2021 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema:  “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da  Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de  Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten. A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que coa participación e o liderado plenos e efectivos das mulleres en todos os ámbitos da vida conséguese o progreso para todo o mundo.

A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.

 

As bibliotecas  escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a busca e tratamento da información ...

09/03/21

MANIFESTO NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

Neste Día Internacional da Muller, desde o CPI As Mirandas de Ares e o CPIP Virxe da Cela de Monfero,  vai o noso recoñecemento a todas as mulleres e o noso desexo dun futuro en igualdade en tódolos ámbitos da vida. Grazas a todas por saber  escribir a historia con tinta indeleble e por deixar a vosa pegada  nas nosas vidas.

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

O Departamento de Orientación deseñou unha serie de actividades para realizar colectivamente todas as clases do CPI Virxe da Cela e así conmemorar o 8 de Marzo, "Día Internacional da Muller Traballadora". Para introducir a temática nas aulas, propoñemos a realización dunha actividade para levar a cabo de xeito oral en gran grupo. Reflexionamos sobre as tarefas propias do fogar e quen as realiza. Elaboramos un mural con gomets que representa dun xeito visual este aspecto. (Facer a compra, lavar a roupa, cociñar, coidar das/os fillas/os, poñer a mesa, limpar, pasar o ferro, recoller). No patio cuberto, sobre un papel continuo colocarase de forma plastificada as tarefas a realizar. Así cada docente preguntará orlamente ao grupo quen desenvolve esas tarefas, colocando o gomet dunha cor ou doutra según lenda. 






Actividade para o 8 de marzo: a desigualdade, como os virus, só produce vítimas. Por iso, propoñemos crear a nosa propia VACINA CONTRA A DESIGUALDADE, enmarcando a conmemoración na realidade que estamos a vivir. Cada curso, elaborará a súa propia vacina escribindo/debuxando os ingredientes precisos para asegurar a igualdade entre homes e mulleres. Colaborarán na súa elaboración diferentes mulleres relevantes na historia que podedes consultar e seleccionar na seguinte ligazón: https://11defebrero.org/2019/09/06/materiales-singulares/ 
Cada titor/a escollerá unha muller das presentadas e investigará a súa traxectoria. Deste xeito, ao realizar a vacina, levará como título: Vacina de (curso) en colaboración con (nome da muller relevante sobre a que se investigará na aula).



24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

 Amosamos algunhas das iniciativas que se realizaron no noso centro para conmemorar o Día de Rosalía (24 febreiro 2021). O alumnado de 5º de EI traballaron o Día de Rosalía a través dun recurso Genially, para dar a coñecer a esta autora potenciando o uso das novas tecnoloxías. Nas materias de Arts and Crafts, o alumnado de EP, axudados polo auxiliar de conversa Johan Palma, indagaron na vida e obra de Rosalía a través da creatividade e da realidade aumentada utilizando dispositivos móbiles (tabletas).