Coincidindo co día das Bibliotecas (24 outubro), a Biblioteca Castelao quixo agasallar aos rapaces e rapazas máis lectoras do noso centro durante o pasado curso académico 2025-2026. Valorar o seu esforzo e motivación en prol da lectura é fundamental, e visibilizar isto serve para tomalos como referentes. Temos que estar orgullosos de ser lectores/ras e animar aos nosos compañeiros/as a practicar este hábito tan saudable. Entre os máis lectores/as están algúns alumnos/as que forman parte dos Clubs de Lectura do centro. O pasado mércores 4 de novembro de 2026, coincidindo coa celebración da terceira reunión do Club de Lectura Larpacontos ESO, Laura Gómez Pensado (mediadora do club de lectura e profesora de lingua galega) fixoun entrega dunha bolsiña con agasallos nun sinxelo pero significativo acto de conmemoración.
07/11/26
02/11/26
24/10/26
O ESCRITOR NÚÑEZ SINGALA DA UNHA CHARLA NA BIBLIOTECA
O xoves 23 de outubro de 2026 o alumnado de 3º e 4º da ESO recibiu unha charla impartida polo escritor, filólogo e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Núñez Singala.
Laura Pensado, coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Virxe da Cela e docente de Lingua Galega, organizou esta charla que, baixo o título "O galego, unha oportunidade", trata de sensibilizar á mocidade para que reflexione sobre o valor do galego non só como elemento identitario e cultural, senón tamén a nivel persoal, social e profesional no mundo actual.
Contar coa visita de Núñez Singala para esta charla sobre sociolingüística soubo a pouco, esperemos que algún día poida regresar ao noso centro para falar da súa faceta como escritor. Lembrámosvos que Núñez-Singala foi galardonado co premio Clubs de Lectura 2023, e posiblemente este curso o Club de Lectura Larpacontos ESO escolla o seu libro Instrucións para tomar café como unha das lecturas a compartir.
03/07/26
17/06/26
LANZAMENTO DA REVISTA TEEN SIDE
E chegou o esperado momento. Por fin o alumnado de 2º da ESO pode ver o resultado do seu traballo. O mércores 17 de xuño procedeuse ao lanzamento de Teen Side, unha revista para a mocidade escrita en lingua galega, en formato papel. Xa é o terceiro número que se publica, e na entrega dos exemplares tamén estivo presente o alumno MGT de 4º da ESO, creador do primeiro número da revista no curso escolar 2023-2024. Este terceiro número da revista Teen Side foi iniciado o pasado curso acaémico na materia de Proxecto Competencial, e este ano, grazas ao apoio da profesora de galego Laura Pensado, incluimos tamén outros seccións e colaboracións, para que todo o alumnado de 2º da ESO tivera a posibilidade de participar na revista.
12/06/26
11/06/26
TEEN SIDE XUÑO 2026
Xa falta menos. A poucos días de rematar este curso 2025-2026 un novo exemplar da revista Teen Side sairá á luz. Para aqueles/as que teñades moita curiosidade e esteades expectantes, xa tedes o anticipo proxectado na pantalla que hai á entrada de biblioteca. O alumnado de 2º da ESO, xunto coas colaboracións dalgúns alumnos de 4º da ESO, comeza a elaborar esta revista xa o pasado curso académico 2024-2026, pero por falta de tempo quedou pendiente o proceso de maquetación. Xa por fin en xuño de 2026 a revista imprimirase en formato papel, resultando unha divertida e colorida revista para a mocidade, escrita en lingua galega. Poderedes atopar un montón de artigos, crónicas, divididas en variadas seccións, para poder encher o voso tempo de lecer nas vacacións.
A realización dunha revista escolar dixital é unha ferramenta clave para traballar a Alfabetización Mediática e Informacional (AMI). A través deste proxecto, desenvolvido principalmente polo alumnado que cursou a materia de Proxecto Competencial, e co apoio do departamento de Lingua Galega, perimitiu abordar diferentes elementos: á investigación, a creatividade, o fomento da lingua escrita, a utilización de ferramentas dixitais, o traballo colaborativo, e o seu produto final servirá para promover a lectura entre a nosa comunidade educativa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


