O arqueólogo Manuel Rodríguez Calviño pasou todo a mañá no noso centro aprendéndolles ao alumnado de 5º e 6º como era o proceso de fiado do liño e o traballo das tecedeiras. Tróuxonos unhas obras incribles destas mulleres así como exemplos de todo o traballo que había detrás delas. O alumando de 3º tamén se achegou a coñecer de primeira man todas estas reliquias que forman parte da nosa historia e son parte xa do noso patrimonio inmaterial.
TECEDEIRAS de bibliotecacpivirxedacela13/04/26
"Cita a cegas" cun libro.
Vén a biblio, colle un número, busca o libro que ten asignado, ábreo e... sorpresa! Xa tes un título novo que descubrir e levar en préstamo para a casa.
Mércores 22 de abril. Celebramos do Día do Libro e da Familia!
Este ano celebramos o Día do Libro e da Familia xuntos. Primeiro, de 15:30h a 16:30 h faremos lecturas compartidas co alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e a ESO (voluntarios/as). Cada familia unirase ao seu grupo e sairemos ao patio ler xuntos os libros que previamente escollan os nenos e nenas cos seus titores/as (non tedes que traelos da casa). A continuación, a partir das 16.30 h haberá un concerto didáctico da man de Lydia Botana (Bolboreta) do libro disco en galego "De aquí para alá" que durará uns cincuenta minutos.
- O alumnado de EI lerá no patio de EI.
- O alumnado de 1º e 2º lerá na zona do "estanque".
- Alumnado de 3º e 4º lerá na zona de baixada paralela ao patio de EI.
- O alumnado de 5º e 6º lerá na zona das árbores.
O concerto de Lydia será fóra e non haberá aforo limitado pero si é necesario anotarse para levar un control dos que imos ser e por se chovera no correo: bibliotecacpivirxedacela@gmail.com
Se chove, as familias iredes indo para os lugares correspondentes de lectura dentro do cole:
- O alumnado de EI lerá nas súas propias aulas.
- O alumnado de 1º, 2º e 4º lerá no patio cuberto.
- O alumnado de 3º no primeiro andar.
- O alumnado de 5º e 6º no segundo andar.
Animádevos a participar!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


