09/03/24

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 


No tempo de lecer de Educación Primaria (de 11:30 a 12:00) os usuarios e visitantes da Biblioteca Castelao poden observar esta interesante estampa: nenos e nenas de educación primaria actúan como "padriños" dos pequerechos/as de educación infantil, ofrecéndolles o seu tempo para facer lecturas de libros, e así ir iniciando ás novas xeracións a adquirir o hábito e o pracer polos libros. Este proxecto de apadriñamentos lectores xa ten tradición no noso centro, e neste curso estará integrado dentro do programa Voluntariado na Biblioteca Escolar.

06/03/24

CONTACONTOS INTERXERACIONAIS

Dentro as actividades enmarcadas dentro do programa Voluntariado na Biblioteca Escolar, iniciamos o pasado mércores 6 de marzo de 2024 un ciclo de lecturas interxeneracionais.  Bruna aprende a dejarse ayudar da colección Naturaleza y Emociones (Ana Ferrer y Bárbara Sansó), foi a o libro elixido, unha fermosa historia que axudou aos nenos e nenas de 2º EP a reflexionar sobre o concepto de empatía.  Iván Bermúdez Gabarri, alumno de  4º ESO e membro integrante do Club de Lectura Larpacontos exerceu como un contacontos profesional, narrando a historia e captando a atención dos máis pequenos/as. Agradecemos o apoio e participación dos integrantes do Club de Lectura Larpacontos para poder levar a cabo esta actividade, que terá continuidade nas vindeiras semana. 



04/03/24

Formación do profesorado: Técnicas para mellorar a comprensión no noso alumnado

 A tarde de hoxe, o equipo docente de linguas do noso centro estivo na biblioteca aprendendo da man de Sabela Gago. 

Nesta formación, Sabela achegounos técnicas, ferramentas e recursos para mellorar a comprensión oral e escrita no noso alumnado.

Esta formación enmárcase dentro da liña de Biblioteca do PFPP do noso centro educativo.




Exemplo da relación de libros recomendados por Sabela Gago para o noso profesorado:









EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA 8M

A Biblioteca Castelao recomenda unha visita activa á exposición 8M.  Durante a semana do 4 de marzo ao 8 de marzo podedes visitar unha exposición con bibliografía seleccionada sobre mulleres e igualdade, para conmemorar a celebración do 8M: O Día Internacional da Muller, unha data moi importante onde se reivindican os dereitos fundamentais das mulleres, tanto a súa igualdade na sociedade como a súa participación activa en todos os ámbitos.