
Nos libros trátanse historias cheas de vida diaria, de
agarimos tranquilos, de situacións moi próximas á infancia e de sinxelos descubrimentos con sorpresas.
O protagonista é un Oso cachorro encantador con boas
intencións que descobre o mundo que lle rodea: a súa familia, os seus amigos e
o que sucede entre eles. Ten un gran parecido cos nenos en idade preescolar: o
seu mundo é bondadoso, próximo e seguro, con Mamá Osa no centro. Papá Oso é
pescador e pasa tempo fóra de casa co barco en alta mar e a súa presenza na
familia é de peso.
Else Holmelund
Minarik transmitiu as características claves da vida dos nenos pequenos: a
necesidade de seguridade, de
independencia e a importancia da familia
e de facer amigos.
As historias son curtas, con textos sinxelos cheos de
diálogos e sempre amables e resoltas
nunha contorna afectiva.
Todas estas pequenas e grandes historias gardan os
libros de Osiño.
XA SABEDES, PODEDES ENCONTRALOS NA NOSA BIBLIOTECA.