26/01/24

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Fermoso acto oficial de apadriñamento lectores dos nenos e nenas de educación infanti, que, acompañados polas súas mestras, acudiron á biblioteca escolar o pasado venres 26 de xaneiro 2024 ás 12:00. O alumnado de 4º EP realizaron un acto simbólico, cantando e recitando unha cantiga baseada en onomatopeias, e representando os animais a través de caretas. Despois desta canción os nenos e nenas de 4º EI comezaron a coñecer aos seus padriños e padriñas,  un paso que seguirá levándose a cabo durante toda a vindeira semana. Esperamos poder velos próximamente a todos e todas gozando de lecturas compartidas, unha das accións claves do voluntariado de primaria na biblioteca. 













ENTROIDO 2024

Co gallo da celebración do Entroido o departamento de artes plásticas  en colaboración ca biblioteca realizou unha exposición de carautas na entrada á mesma. 

O alumnado partiu dunha carauta de cartón branca e a decoraron con distintas técnicas: pintura, collage…. A temática foi aberta pero trátase dun exercicio de creatividade e por iso tiveron prohibido copiar máscaras xa existentes, teñen que usar a carauta en branco como un soporte no que plasmar unha imaxe. Tamén inventaron monstros e moitas composicións de cores. 
 


23/01/24

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

 Outro xeito de dárlle vida á nosa Biblioteca é a través do voluntariado do noso alumnado. Estes estánse a converter nos futuros bibliotecarios!


Na primeira sesión de voluntariado, traballamos a revisión do etiquedado da sección infantil. Aprenderon que todos os libros deben de ter un código de barras para que facilite á súa identificación e estiveron revisando que todos aqueles libros que pasaran polas nosas mans os tiveran. Ademais, aprenderon a devolver e a emprestar libros.





22/01/24

A LIX FRONTE AOS NOVOS FORMATOS DE LECTURA

A asociación GÁLIX organiza as xornadas "Desfacendo a raia XII", A LIX fronte aos novos formatos de lectura. Contarase coa presenza de profesionais do mundo do libro, da ilustración, da crítica literaria e da edición, como Manuel Bragado, Cristina Rubal, Luz Beloso, Víctor Rivas, Tensi Gesteira ou Isabel Mociño.



Biblioteca dixital da RAE

 A RAE acaba de estrear a súa biblioteca dixital. O premio a moitas horas de traballo de dixitalización dos seus exemplares.

Nesta biblioteca teremos acceso a preto de 5000 obras que poderemos consultar a través de Internet: dende literatura, pasando por ciencias, filosofía, relixión, artes, etc.

Dentro da literatura, ademais da primeira parte de El Quijote ou un bo número das obras de Lope de Vega, tamén podemos atopar "A las orillas del Sar", (1884) poemario en castelán da nosa universal Rosalía.

 

                                   Vídeo explicativo do traballo de dixitalización previo para sacar 

                                  adiante o proxecto de biblioteca dixital da RAE.