15/06/16

CONCESIÓN DO SELO "BIBIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA" AO CPI VIRXE DA CELA

Con data 14 de xuño de 2015, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a concesión do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" a seis centros educativos, trala valoración das candidaturas presentadas ao abeiro da resolución de 10 de decembro de 2015 da devandita dirección xeral, pola que se publicaba a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias que integra, entre outras, esta iniciativa e que se desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Voluntariado e Participación, da Consellería de Política Social. 
     Reciben este selo os seguintes centros: CPI P. Virxe da Cela  de Monfero  (A Coruña), CEIP P. A Pedra de Bueu (Pontevedra),  CEIP Espedregada de Poio (Pontevedra),  IES de Poio (Pontevedra),  CEIP de Parada-Campañó (Pontevedra) e IES de Vilalonga de Sanxenxo (Pontevedra).
    Este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar e concédese a bibliotecas nas que se traballa de forma salientable e sistematizada a educación en valores e a compensación de desigualdades, e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19260