Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón;
chegan as choivas e as tardes son máis escuras, vaise a calor e ven o frío: é
tempo de Samaín. E como en anos anteriores a maxia deste Samaín chegou ao noso
cole da man dos nenos e nenas, dos rapaces e rapazas do Virxe da Cela. Os
corredores enchéronse de cabazas decoradas, de pantasmas, morcegos e bruxas, de
debuxos e adornos TERRORÍFICOS!!!!
Sen medo e con moita diversión, o alumnado do centro decorou
as cabazas, cada cal millor, adornaron as portas das aulas e da
biblioteca, fixeron murais, realizaron talleres creativos e concursos de decoración.
Convertiron cada
rincón, cada espazo.... nun horror... co obxecto de gañar un concurso no que se
lles fará entrega dun recoñecemento escalofriante.
Nos corredores voan as pantasmas, na biblioteca
resucitan aos mortos... Qué máis pode
ocorrer?. O xoves 29, dous maquivélicos tribunais avaliadores valorarán qué
grupos serán os gañadores de tan dura batalla forxada con esqueletos, teas de
araña, morcegos, cabazas, bruxas....
E para que vexades, aquí tedes unha mostra do que os nosos
alumn@s fixeron para festexar o Samaín.