15/10/24

14 de outubro: Día das Escritoras

O alumnado de 2º de EP conmemorou o día das escritoras na biblioteca lendo e cosendo como a artista mexicana Victoria Villasana. 

Albúm ilustrado autoeditado

Esta proposta foi moi especial, xa que foi creada con moito agarimo para unha visita moi especial: o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras.

O alumnado de 1º a 4º de primaria o ilustrou coas imaxes más significativas das súas aldeas e lugares. 

As tapas, gravadas en láser e o álbum cosido de forma artesanal.

O alumnado do 3º ciclo entregoullo tras expoñer o funcionamento do Consello Escolar da Infancia.


                                                             Imaxes da portada e do interior desde albúm ilustrado.

RADIO NA BIBLIO: ENTREVISTA A PEDRO BLANCO LOBEIRAS

No CPI Virxe da Cela continuamos experimentando coa Radio na Biblio, nesta ocasión cun convidado moi especial. Nacido en Monfero nos anos 60 e cursando os estudos da EXB neste mesmo centro na época da súa inauguración (fai xa catro décadas), Pedro Blanco Lobeiras na actualidade é o  Delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia. O alumnado de 4º da ESO elaborou unha interesante batería de preguntas, guiados pola súa profesora de galego Rocío Prego, as cales foron respondidas con todo detalle por Pedro Blanco, quen manifestou en todo momento a grande emoción de ter regresado a este centro escolar e poder observar todos os cambios que nel se deron, que fan do CPI Virxe da Cela un centro moderno, innovador, á par que conserva a súa propia identidade e os valores da súa contorna. 



14/10/24

Novidades!

Aquí tedes algunhas das novidades que poderedes atopar estes días na biblioteca. Son algúns dos libros que vos recomendaron os vosos profes de galego da ESO e outros títulos que van empregar no ambiente de sombras de Educación Infantil e non ambiente de ciencias e lingua en Educación Primaria. Non volos perdades!

A biblioteca escolar lugar de información (tamén para as máis pequenas!)

Os exploradores de Monfero (quinto de E. Infantil) están a comezar un novo proxecto de investigación sobre os animais da contorna e para iso precisan información. Por esta razón acudiron á biblio (veñen quincenalmente) a ler libros sobre o tema. Nesta semana centráronse en atopar cousas sobre bechos porque van instalar unha casiña de madeira no patio. Estamos desexando vela!