20/03/13

O PREGUNTÓN. Respostas da semana 5.

Pregunta 1: 


Pregunta 2: 

Pregunta 3:


Pregunta 4: 



6ª semana do PREGUNTÓN.

Xa estamos chegando ao final do noso concurso O PREGUNTÓN.Duas semanas máis e remataremos esta II edición na que vai en cabeza o equipo de "las imparables" seguido polo equipo de "los leones".
As preguntas desta 6ª semana poderedes contestalas ata o día 5 de Abril de 2013 xa que temos polo medio as vacacións de Semana Santa.  Sorte a todos!!





18/03/13

CONTACONTOS DE KALANDRAKA

      O luns 18 de marzo tivemos na  Biblioteca Castelao unha visita que disfrutaron moito os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Educación Primaria, foi o contacontos da editorial Kalandraka. 

       Os contos tradicionais, os relatos de autor e os clásicos contemporáneos da Literatura Infantil e Xuvenil ocuparon o repertorio da sesión. Os contos seleccionados foron a adaptación do conto tradicional “A galiña roxa”, de Pilar Martínez e Marco Somà e o clásico “Críctor” de Tomi Ungerer; 

      Nesta ocasión, o conto “Os petos de Loreto”, de Quentin Blake, foi o fío condutor da sesión, a partir do cal vanse fiando as demais historias, que adquiren unha maior vistosidade ao utilizar elementos decorativos relacionados cos libros. As melodías, compostas especialmente para cada relato, interprétanse con instrumentos tradicionais e artiluxios musicais procedentes doutras culturas; deste xeito contribúese tamén a reforzar a educación musical do alumnado.