18/03/13

CONTACONTOS DE KALANDRAKA

      O luns 18 de marzo tivemos na  Biblioteca Castelao unha visita que disfrutaron moito os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Educación Primaria, foi o contacontos da editorial Kalandraka. 

       Os contos tradicionais, os relatos de autor e os clásicos contemporáneos da Literatura Infantil e Xuvenil ocuparon o repertorio da sesión. Os contos seleccionados foron a adaptación do conto tradicional “A galiña roxa”, de Pilar Martínez e Marco Somà e o clásico “Críctor” de Tomi Ungerer; 

      Nesta ocasión, o conto “Os petos de Loreto”, de Quentin Blake, foi o fío condutor da sesión, a partir do cal vanse fiando as demais historias, que adquiren unha maior vistosidade ao utilizar elementos decorativos relacionados cos libros. As melodías, compostas especialmente para cada relato, interprétanse con instrumentos tradicionais e artiluxios musicais procedentes doutras culturas; deste xeito contribúese tamén a reforzar a educación musical do alumnado.





Ningún comentario:

Publicar un comentario