O pasado martes 14 de febreiro de 2012 todo o alumnado de educación secundaria e de PCPI reuniuse na biblioteca escolar para conmemorar o día do amor, San Valentín. Houbo premios para os alumnos e alumnas gañadores do concurso de declaracións de amor: Antonio González (3º ESO), Lucía Otero (3º ESO), Bibiana Blanco (2º de ESO) e Alexandra Gheorghe (1º ESO). Recibiron un diploma e un pequeno regalo de mans de Miriam, a directora, e este pequeno acto estivo regado polos aplausos de todos os compañeiros/as. Pero houbo sorpresas para todos: as cartas de amor e flores personalizadas.
17/02/12
16/02/12
XA ESTÁ AQUI O ENTROIDO
Como pasa o tempo,parece que foi onte cando estabamos a comer turrón e xa vedes...o Entroido xa está aquí. Trocamos os doces de nadal polas filloas, as orellas, o lacón con grelos de Monfero...
Se queredes saber mais sobre o Entroido aqui vos deixamos unha serie de enlaces nos que podedes atopar toda a información que precisedes así coma xogos interactivos cazas do tesouro, léxicos, receitarios,manualidades (plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, etc.); e literatura relacionada con esta celebración.
Podedes premer enriba das imaxes para entrar neles.
14/02/12
XOGANDO E APRENDENDO CO PREGUNTÓN
Os rapaces e rapazas dos grupos apuntados ao concurso "O Preguntón" reúnense diante do panel situado na entrada da biblioteca... quen sabe as respostas? Ánimo, e mostrade todos os vosos coñecementos e habilidades como investigadores...
13/02/12
Concurso O PREGUNTÓN 2ª SEMANA

Aquí están as preguntas da 2ª semana de O PREGUNTÓN. Xunto con elas tedes as respostas as preguntas formuladas a semana pasada. Lembrade botar as respostas na furna antes de que acabe a semana. Boa sorte!!!
Unha vez rematada a 1ª semana do concurso iremos poñendo no taboleiro da biblioteca as puntuacións dos equipos que participan, en total 16 equipos!!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)