01/11/12




O Departamento de Artes Plásticas en colaboración coa Biblioteca Castelao, organiza un concurso de portadas para libros.

BASES:

1.          Dirixido a : Todos os alumnos do CPI “Virxe da Cela”, que poderán participar de forma individual con un máximo de 3 exemplares

2.         Tema:  O Concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o/a alumno/a teña lido.
Nesta portada ten que constar o título e o nome do autor do libro e ademais a decoración que o/a alumno desexe engadir: fondos, ilustracións, fotografías, distintas tipos de letra, etc.
O libro pode ser de calquera xénero literario: poesía, novela, conto, teatro, ensaio, tratado, … . Tamén se pode optar por castelán, galego, inglés ou francés segundo sexa o idioma no que se leu o libro.

3.           Formato: Tamaño mínimo un cadrado de 21x21 cm e máximo un A3 (29,7x42 cm). Pódese variar a forma do soporte sempre que quede dentro das dimensións mínimas e máximas sinaladas.

4.         Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas, collage, ordenador etc.  Tamén se poden combinar técnicas: letras a ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un collage superposto, composicións feitas con volume e despois fotografadas, etc.

5.          Soporte: En función da técnica os traballos pódense entregar en papel, cartolina, cartón, táboa, lenzo ou como arquivo informático se é o caso dun traballo feito por ordenador. 
                                                          
6.         Data e lugar de entrega: A data límite de entrega é ata o venres 3 de maio de 2.013. Os traballos entregaranse na biblioteca ao profesor de garda na mesma.

7.         Premios: Os premios entregaranse na semana das letras galegas (do 9 ao 17 de maio). Outorgaranse varios premios en función da idade e das distintas técnicas. Os traballos participantes serán expostos no centro e tamén no blog da biblioteca.

8.        Xurado: O xurado estará composto por profesores/as deste centro.