22/10/09

Recuperando a Memoria


Temos a nosa disposición na Biblioteca durante todo o mes de Outubro a campaña de animación á lectura para os máis pequenos RECUPERANDO A MEMORIA.Partindo dunha colección de libros editados pola Fundación “La Caixa” pretende tratar de sensibilizar ás novas xeracións sobre a importancia das relacións interxeracionais.A campaña pretende ademais informar sobre a doenza do Alzheimer, tema principal dos cinco libros que forman a devandita campaña.Os libros contan cunhas actividades adaptadas ao nivel educativo que se considera axeitado e que vai dende Infantil ata 6º de Primaria/1º de ESO.Todo elo ven dentro dun fabuloso baúl pirata que teremos con nós na Biblioteca.