20/06/13

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

          Un ano máis voltaron a Biblioteca as mochilas viaxeiras onde se ve o traballo desenvolto polo alumnado de 1º,2º e 3º de Primaria do noso cole.Os materiais que compoñían a devandita mochila tiveron moi boa acollida por parte das familias como se pode ver polos comentarios e opinións que se reflicten no caderno de actividades:

·        “Lecturas completas e libros de boa calidade e con contidos apropiados”
·        “Gústame. Favorecen en moitos aspectos a aprendizaxe para os nenos”
·        “Divertidos e axeitados ás idades dos nenos”
·        “O material pareceume entretido”
·        “É unha boa forma de animar aos nenos a ler”
·        “Grazas por favorecer o desenvolvemento do hábito lector dos nosos fillos”.

          Tamén temos algunhas suxestións como:

·        “... ampliar un pouquiño o caderno de comprensión lectora”
·        “Que poida traer algún libro máis”
          Houbo tamén recomendacións de libros para a biblioteca que agradecemos especialmente, porque non os tiñamos nin os coñeciamos, e procuraremos mercalos para o curso que ven.

           E por último transmitíronnos un proverbio que vos achegamos:

“ Un libro aberto é un cerebro que fala,
cerrado, un amigo que espera,
olvidado, unha alma que perdura,
roto, un corazón que chora”

           Dende a Biblioteca agradecemos moito ás familias ese tempo e dedicación ca que acolleron ás Mochilas Viaxeiras.



          Grazas, e voltaremos o curso que ven.