Un ano máis
voltaron a Biblioteca as mochilas viaxeiras onde se ve o traballo desenvolto
polo alumnado de 1º,2º e 3º de Primaria do noso cole.Os materiais que compoñían
a devandita mochila tiveron moi boa acollida por parte das familias como se
pode ver polos comentarios e opinións que se reflicten no caderno de
actividades:
·
“Lecturas
completas e libros de boa calidade e con contidos apropiados”
·
“Gústame.
Favorecen en moitos aspectos a aprendizaxe para os nenos”
·
“Divertidos
e axeitados ás idades dos nenos”
·
“O
material pareceume entretido”
·
“É
unha boa forma de animar aos nenos a ler”
·
“Grazas
por favorecer o desenvolvemento do hábito lector dos nosos fillos”.
Tamén
temos algunhas suxestións como:
·
“...
ampliar un pouquiño o caderno de comprensión lectora”
·
“Que
poida traer algún libro máis”
Houbo tamén
recomendacións de libros para a biblioteca que agradecemos especialmente,
porque non os tiñamos nin os coñeciamos, e procuraremos mercalos para o curso
que ven.
E por
último transmitíronnos un proverbio que vos achegamos:
“
Un libro aberto é un cerebro que fala,
cerrado,
un amigo que espera,
olvidado,
unha alma que perdura,
roto,
un corazón que chora”
Dende a Biblioteca agradecemos moito ás
familias ese tempo e dedicación ca que acolleron ás Mochilas Viaxeiras.
Grazas,
e voltaremos o curso que ven.
Ningún comentario:
Publicar un comentario