02/10/24

ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA E CLUB DE RADIO VISITAN A EMISORA CUAC FM

 Un grupo de alumnos/as da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, todos eles/as pertencentes ao Club de Lectura ao ao Club de Radio, visita o luns 30 de setembro de 2024 os estudos da emisora CUAC FM (A Coruña) para realizar a gravación dun programa radiofónico, grazas ao apoio da Fundación Ayuda en Acción que promoveu o pasado curso escolar 2023-2024 a creación du Club de Radio no noso centro. 

O guión deste programa radiofónico foi elaborado polo propio alumnado participante, e ten como fío conductor a lectura, así que vos animamos a que escoitedes este programa no que estes mozos e mozas falan da súa experiencia no Club de Lectura, fan recomendacións de libros, amosan os seus experimentos creativos e literarios, etc. 





Consello Escolar da Infancia: Educación social na escola


Co gallo do 2 de outubro, Día Internacional da Educación Social, non se nos ocorre mellor forma que celebralo cunhas imaxes deste comezo de curso, cheo de ganas, ilusión, traballo e moita educación social en tódolos espazos, tamén nas escolas e na nosa Biblioteca.

Este é o lema co que comezamos a nova andaina do Consello Escolar da Infancia da man da asociación Euroeume. 

Tratase de entender a educación social como unha forza capaz de transformar o mundo, ou, polo menos, deixalo mellor que como nos vén dado. Un camiño cara a utopía, cheo de soños, aprendizaxes, decostrucións, persistencia, coidados...

Este  proxecto de Euroeume desenvolvese a a través do Programa Coidando – nós no que está enmarcado-.

Nel, o alumnado é escoitado para acadar o que se  propoñan, sendo elas e eles mesmos conscientes da súa importancia como axentes principais e activos na participación e implicación nos procesos sociais, e, concretamente nesta actividade, para a mellora dos centros educativos. Nesta ocasión, comezamos a traballar para contar cunha boa saúde emocional no conxunto da comunidade.

Imaxe autoeditada da primeira actividade do curso escolar.

Así,  esta nova andaina, comezou no noso centro e continúa a súa senda no CEIP Plurilingüe de Andrade e no CEIP Plurilingüe Eladia Mariño, en Cabanas.

Estamos no camiño, traballando desde a educación social para continuar transformando o mundo!!! “Educación Social: Unha profesión de Dereitos Humáns”.

                        Imaxe autoeditada dentro da actividade dos e das participantes e das educadoras de EuroEume.

 

30/09/24

Empréstitos quincenais Educación Infantil

 Hoxe, o alumnado colaborador de 5º e 6º de Educación Primaria comezou coa iniciativa quincenal de empréstitos para a etapa de Infantil. 






Mochilas viaxeiras

 Hoxe, o alumnado colaborardor da biblioteca de 5º e 6º de Educación Primaria, repartiu as mochilas viaxeiras que con tanto cariño elaboraron. 

A partir do día de mañá, todo o alumnado de EI e EP vai comezar a levar unha "mochila viaxeira" con diferente material educativo para promocionar a lectura.  

A mochila viaxeira é unha actividade programada dende a Biblioteca Castelao do CPIP Virxe da Cela que tenta promover a lectura e ocio en familia.

A lectura prodúcenos sensacións e momentos de goce. Ábrenos vías de comunicación e nos conduce ao coñecemento. Proporciónanos experiencias novas para compartir cos demais. A familia é un bó lugar para experimentalo e dende a biblioteca ofrécemosvos a posibilidade de coñecer propostas e libros para ler e xogar.

A mochila permanecerá nas vosas casas unha semana, de martes a luns, días nos que podedes disfrutar dunha pequena selección de materiais.

Pedimos a vosa colaboración para que a actividade teña éxito. Desfrutade con ela dun tempo de ocio en familia, ao remate deixade debuxadas ou escritas as vosas impresións sobre a actividade e os materiais no Caderno de viaxe.

Cada semana será un alumno/a o encargado de levala para casa (irá os martes e terá que vir de volta os luns). No seu interior, vai un xogo de mesa, dous libros e un caderno de viaxe (onde o alumnado terá que debuxar o que máis lle gustou e as familias poderán escribir comentarios ou suxerencias). A mochila non se enviará nas vacacións (nadal, entroido e semana santa).

Velaquí tedes o momento das entregas: