Co gallo do 2 de outubro, Día Internacional da Educación Social, non se nos ocorre mellor forma que celebralo cunhas imaxes deste comezo de curso, cheo de ganas, ilusión, traballo e moita educación social en tódolos espazos, tamén nas escolas e na nosa Biblioteca.
Este é o lema co que comezamos a nova andaina do Consello Escolar da Infancia da man da asociación Euroeume.
Tratase de entender a educación social como unha forza capaz de transformar o mundo, ou, polo menos, deixalo mellor que como nos vén dado. Un camiño cara a utopía, cheo de soños, aprendizaxes, decostrucións, persistencia, coidados...
Este proxecto de Euroeume desenvolvese a a través do Programa Coidando – nós no que está enmarcado-.
Nel, o alumnado é escoitado para acadar o que se propoñan, sendo elas e eles mesmos conscientes da súa importancia como axentes principais e activos na participación e implicación nos procesos sociais, e, concretamente nesta actividade, para a mellora dos centros educativos. Nesta ocasión, comezamos a traballar para contar cunha boa saúde emocional no conxunto da comunidade.
Imaxe autoeditada da primeira actividade do curso escolar.
Estamos no camiño, traballando desde a educación social para continuar transformando o mundo!!! “Educación Social: Unha profesión de Dereitos Humáns”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario