Grazas ao alumnado de Educación Dixital da ESO e á súa profe que traballaron a reo para arranxar os escornabots e poñelos a punto, o alumnado de EI e EP xa pode usalos e así comezar a súa andadura no pensamento computacional.
28/10/24
COMEZAN OS ACOMPAÑAMENTOS.
Un día á semana, na hora de ler de EP e EI, os nenos e nenas acudirán á biblioteca a ler en parellas. Os luns tócalles a quenda ao alumnado de 3º de EP e 4º de EI (os máis pequenos do cole). Aquí vos deixamos unhas imaxes destes momentos tan especiais de compartir lecturas.
COMEZAN OS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS!
O alumnado de 5º e 6º de EP anotouse para ser voluntario e voluntaria da biblioteca, son un total de 23 nenos e nenas que acudirán en parellas no lecer para axudar a facer empréstitos, colocar libros, pegar pegatinas das letras e outros moitos traballos que temos por facer na biblioteca. Aquí están as nosas axudantes de hoxe. Grazas a todas pola vosa labor!
LECTURA DO XORNAL CON PRENSA-ESCUELA DE LA VOZ DE GALICIA
Alumnado da ESO realiza a lectura do xornal La Voz de Galicia. Varios docentes da etapa da ESO están inscritos no Programa Prensa-Escuela.
Primeiro obradoiro Education4theplanet curso 2024-2025
Venres 25 outubro 2024. Biblioteca Castelao. 1º Obradoiro venres 25 de outubro (1º e 2º ESO). 9:45 - 10:35. Martín Mejuto (técnico Fundación Ayuda en Acción) e as responsables dos proxectos Education4theplanet (Laura Gómez Vales)