15/06/10

Exposición "Escola Konampalli"






Durante o mes de Xuño a Biblioteca Castelao ofrece a exposición "Konampalli School", composta por unha serie de paneis informativos sobre esta escola situada en Anantapur, A India. Con este centro educativo estamos a realizar un intercambio cultural durante o presente curso académico 2009-2010, a través da Fundación Vicente Ferrer. A exposición mostra imaxes desta escola, do seu alumnado e profesorado, de actividades lúdicas que se efectúan nos recreos, e tamén textos explicativos, e incluso unha carta de presentación dos nenos e nenas da escola Konampalli, escrita en lengua hindi.