24/10/24

As arañas de Louise Bourgeois polo Samaín

O alumnado de 2º de EP decorou a súa porta coas arañas de Louise Bourgeois utilizando para pintar cos pinceis as follas dos libros do expurgo. Leron a biografía desta escultora francesa
e despois reinterpretaron a súa obra. Velaquí unhas imaxes! 


Obradoiro de monstros


     É tempo de Samaín e o alumnado de 2º de EP foi á biblioteca a facer un taller de monstros na materia de Proxecto Competencial baseándose no libro "Monstruo triste, monstruo feliz!.


Imaxes autorizadas do Obradoiro.

Pequena composiciónaudiovisual da actividade.

20/10/24

Recomendacións lectoras sobre medio ambiente

O venres tivemos unha charla de Sogama sobre a reciclaxe, aproveitamos para ensinarvos algúns dos títulos que hai na biblio sobre medio ambiente. Pasádevos para saber máis! 


Presentación consejos para cuidar el medio ambiente ilustrado verde de bibliotecacpivirxedacela

Acompañamentos lectores entre as clases

Imos comezar os acompañamentos lectores entre todo o centro na hora de ler. Os emparellamentos quedan como segue: - Luns: 3º de EP e 4º de EI. - Martes: 4º de EP e 1º de EP. - Mércores: 6º de EP e 6º de EI. - Xoves: 5º de EP e 5º de EI. O grupo de 2º de EP fará os acompañamentos co alumnado da ESO de forma alterna entre grupos. Aquí vos deixamos uns consellos para ser un bo acompañante e un bo acompañado lector, e que o centro se encha de libros!
Infografía día internacional del libro ilustrado azul de bibliotecacpivirxedacela

acompañamentos lectores de bibliotecacpivirxedacela