15/11/24

OBRADOIROS DE ACCESIBILIDADE NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Beatriz Riaño, terapeuta ocupacional, visitou o noso centro o venres 15 de novembro de 2024 para impartir obradoiros sobre accesibilidade. Foron realizados en tres quendas, ao longo do día: dúas quendas para 1º ciclo de EP e 2º ciclo de EP no horario de mañá, e xa pola tarde a quenda do alumnado de educación infantil. 

 Esta actividade realízase grazas ao convenio de colaboración con Euroeume que se vén realizando no noso centro desde fai varios anos. A proposta de EuroEume é crear un espazo lúdico de expresión e reflexión sobre a Educación Inclusiva, co fin de sensibilizar aos alumnado da importancia e os beneficios de que todos os nenos e as nenas aprendan xuntos, independentemente das súas condicións persoais, sociais ou culturais.

Partimos da necesidade de ofrecer un centros educativo comprensible, capaz de proporcionar contornas e espazos onde as persoas os comprendan dunha maneira fácil, segura e autónoma o que facilitará que toda a comunidade coñeza e comprendan os múltiples elementos cos que conta o centro desde un punto de vista accesible.





13/11/24

UNHA NOVA DIMENSIÓN

 Para a xornada formativa do programa Observa- Acción (Job-Shadowing) na que nos visitaron tres docentes das localidades belgas de Maldegem (Flandes Oriental) na biblioteca preparamos un obradoiro matemático que mesturou a poesía do libro de Anxo Iglesias "Unha nova dimensión" coa xeometría. A partir de poemas deste libro organizamos estacións de aprendizaxe como as cinco dimensións que nomea. O alumnado de 5º de EP dividido en grupos de tres alumnos/as pasou polas cinco estacións realizando pasatempos numéricos, búsquedas no plano con coordenadas cartesianas, Tangram, esculturas de papel e caligramas a partir dos poemas do propio libro.