20/06/25
EU COLABORO NA BIBLIO!!!
Esta mañá o alumnado colaborador da biblioteca, de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO, recibiron os diplomas que acreditan as horas que lle dedicaron á nosa biblioteca no seu tempo de lecer.
Os colaboradores e as colaboradoras son persoas que, de forma voluntaria, veñen á biblio no recreo para axudar en diferentes tarefas como:
- Colocar os libros.
- Poñer os tellos.
- Facer empréstitos.
- Organizar actividades.
- Facer exposicións documentais.
- Axudar aos usuarios a atopar os fondos bibliográficos.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración e agardamos que para o próximo curso queirades seguir formando parte do equipo da biblioteca. Animádevos, que xa sodes expertas e expertos na materia!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)