27/04/19

Preguntón 2019. 1º Semana



Aquí tedes as preguntas da primeira semana. Como sabedes tedes ata o venres 3 de maio para atopar as respostas. Non esquezades que podedes obter puntos extra se utilizades algún libro da biblioteca para obter as respostas.

 



24/04/19

Bases preguntón 2019



 
Un ano máis volvemos convocar o concurso do preguntón. Este ano cunha duración de catro semanas e coma en cursos anteriores dirixido aos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e aos catro cursos da ESO.

Bases do Preguntón
PARTICIPANTES
Poderá participar o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e todo o de Secundaria formando equipos de 2 persoas de calquera curso.
Os participantes deberán inscribirse na Biblioteca debendo cubrir unha folla cos datos dos compoñentes do grupo e o nome do grupo.
Poderanse apuntar ata o venres 26 de abril.
O XOGO
-O xogo desenvolverase dende o venres 26 de abril ata o xoves 16 de maio. Consta de varias preguntas ou probas.
Estarán expostas no taboleiro do PREGUNTÓN situado xunto á porta da Biblioteca e no blog da Biblioteca Castelao.
- Cada venres publicaranse no taboleiro e no blog as preguntas ou probas.
- Cada luns publicaranse no taboleiro as puntuacións obtidas.
-O prazo para entregar as respostas será ata o venres seguinte ás 12:35. Nese tempo poderedes empregar calquera servizo da biblioteca, libros, ordenadores, internet, ou os vosos propios recursos.
-As respostas debedes presentalas nas follas que atoparedes na biblioteca e depositalas no prazo previsto nunha furna habilitada para este concurso. 
-Cada pregunta ou proba ten unha puntuación indicada explicitamente. Os equipos que presentedes a resposta acertada dentro do prazo sumaredes os puntos en xogo.
- NOVIDADE: Punto extra: poderase gañar un punto extra por cada pregunta na que se indique un libro da nosa biblioteca onde se atopa a resposta. Anotarase o título, autor e páxina onde está a resposta indicada.
-Cando semana cando remate  o prazo de entrega, publicaremos as respostas no taboleiro do Concurso.
GAÑADORES
-O equipo gañador será o que acumule máis puntos ao remate do concurso. En caso de empate, o premio será repartido  entre os equipos que acaden a mesma puntuación.
-Haberá un equipo gañador e dous equipos finalistas.
XURADO
-O xurado estará composto polos membros do equipo da Biblioteca e do ENDLG.
-Se o xurado detecta calquera comportamento antideportivo, adoptará medidas, incluíndo a descualificación do  equipo ou equipos implicados. -A participación no concurso supón a aceptación de todas estas bases.

23/04/19

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro para recoñecer a súa importancia como ferramenta cultural.
Todo, todo está nos libros. Todo o que é. E todo o que non é, pero podería ser. Tamén o que nunca foi nin será, nin podería selo.
 A vida toda está nos libros: a historia da humanidade... o que sentimos as persoas... o que soñamos ou simplemente imaxinamos...
   E por qué lemos?
-  En primeiro lugar porque alguén nos aprendeu a facelo,
-   porque outras persoas nos acompañaron nas nosas primeiras lecturas,
-   porque leron para nós ata que fumos capaces de facelo por nós mesmos
-  porque desfrutamos coa lectura compartida no camiño de descubrir o placer de mergullarnos sós nun libro.
Isto é o que queremos homenaxear no Día do Libro: as persoas que foron abrindo camiños para nós; esas persoas que, lendo, axudáronos a medrar como lector@s. E a nós mesmos que apamadriñamos a outros nenos e outras nenas que veñen detrás.