23/04/21

II CONCURSO DE MICRORRELATOS BIBLIOTECA CASTELAO

Dende a Biblioteca Castelao e o Equipo de Dinamización Lingüística lanzamos o II Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.

      Aquí podedes consultar as BASES.  ANIMÁDEVOS A CREAR!!!

II Concurso de Microrrelatos Biblioteca Castelao 

DÍA DO LIBRO 2021

Os nenos e nenas de infantil para conmemorar o DÍA DO LIBRO estiveron traballando o conto “Esto non é unha selva" de Rocío Bonilla. Con toda a súa creatividade fixeron os debuxos e relataron a parte do conto que lles tocou por grupos colaborativos. Logo co Kamishibai puideron narrar a historia tendo como base os seus propios debuxos. FIXÉRONO XENIAL!!! Todo un reto, tendo en conta que tiveron que facer un dobre esforzo por mor da mascarilla.

 

19/04/21

Retrato con libro


Dende a Biblioteca Castelao propoñémosvos, ao igual que o ano pasado, participar na actividade: "Retrato con libro"

Dirixida a: Toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela: alumnado, familias e persoal docente e non docente.

Tema:  A actividade consiste en facer unha foto na que apareza retratado o/a propio/a  autor/a xunto cun libro, un disco ou un CD. Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior.
Na imaxe final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e a persoa retratada:  continuidade do que vemos na portada, relación directa co título do libro, alusión ao contido do libro....En calquera caso ten que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía.
Poden colaborar con vos para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un “selfie”.

Técnica: Poderanse presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden ser imaxes directas ou retocadas.

As fotos deben ser enviadas ao correo da biblioteca: biblioteca.castelao.monfero@gmail.com ou por Whatsapp ao número: 679 51 41 42

Data: A data límite de entrega é ata o 17 de maio de 2021, Día das Letras Galegas

Exposición: As fotos presentadas serán subidas ao blog da biblioteca e á páxina web do centro. Ademáis farase unha exposición cas fotos impresas na biblioteca.
 

                  ENLACE  AOS RETRATOS DO CURSO PASADO