Durante o segundo e terceiro trimestre do curso 2023-2024 o alumnado de 3º ESO Educación Dixital está a realizar un proxecto colaborativo coa Biblioteca Castelao, que consiste nunha sondaxe dos hábitos lectores da comunidade educativa do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Empezaremos polos hábitos lectores dos/asadolescentes.
Tendo xa deseñado o formulario (un documento moi estenso no que trataremos de abordar os hábitos lectores do alumnado da ESO tanto na esfera familiar como na escola, e os seus gustos e preferencias en canto ao tipo de lecturas), o venres 3 de maio de 2024 parte do alumnado da ESO estivo na aula informática contestando a enquisa.
Unha vez todos os alumnos/as realicen a enquisa, pasaremos á fase final, isto é, ao seu análise estatístico e á interpretación dos resultados, que esperemos servan para introducir melloras no Plan Lector do Centro.