27/05/26
Obradoiro de e.téxtiles
17/05/26
16/05/26
Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño.
Aquí tedes algunhas das actividades que se fixeron no centro sobre as Letras Galegas e Begoña Caamaño e os maios.
Lendo a Begoña no Club de Lectura da ESO: Larpacontos.
Exposición de carteis:
10/05/26
Derradeiro obradoiro do curso: Estampación téxtil.
30/04/26
XVIII Xornadas dos Clubs de Lectura
O xoves 29 de abril a coordinadora do Club de Lecturas Larpacontos ESO participou na reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de Clubs de Lectura, celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, .Nesta XVIII Xornada dos Clubs de Lectura reuniu arredor de 600 persoas, entre participantes, relatores e persoas asesoras de formación do profesorado.
Iniciouse a xornada coa intervención (formato videoconferencia) de Manolo Rivas, Premio dos Clubs de Lectura 2026,. Este galardón recae no autor galego máis lido nos clubs de lectura no curso 2024/2025.
Continuouse coa intervención do mediador e coordinador do Premio Mandarache Alberto Soler, e posteriormente disfrutamos dunha conversa arredor doutros clubs de lectura en librarías e bibliotecas públicas e unha charla sobre clubs de lectura fácil.
Xa en horario de tarde leváronse a cabo sesións simultáneas coa experiencia de nove centros integrados no programa e a presentación da plataforma M8 por ler. O peche da xornada deu voz ás persoas que participan nos clubs de lectura.
29/04/26
28/04/26
Entrevista as avoas do Centro de Día do Xestal
Durante o 1º trimestre o alumnado de 3º de EP leu o libro "Eu tamén fun pequena" de Concha Blanco e decidiron facerlles unha entrevista ás avoas do Centro de Día do Xestal para saber cousas sobre como era a vida de antes relacionadas coa costura, o tecido, a la, as lavandeiras...
Aquí tedes o resultado! Moitas grazas ás usuarias e á súa terapeuta ocupacional Lidia que con tanto agarimo e amabilidade nos trataron. Seguimos "Tirando do fío".
13/04/26
Tecedeiras
O arqueólogo Manuel Rodríguez Calviño pasou todo a mañá no noso centro aprendéndolles ao alumnado de 5º e 6º como era o proceso de fiado do liño e o traballo das tecedeiras. Tróuxonos unhas obras incribles destas mulleres así como exemplos de todo o traballo que había detrás delas. O alumando de 3º tamén se achegou a coñecer de primeira man todas estas reliquias que forman parte da nosa historia e son parte xa do noso patrimonio inmaterial.
"Cita a cegas" cun libro.
Vén a biblio, colle un número, busca o libro que ten asignado, ábreo e... sorpresa! Xa tes un título novo que descubrir e levar en préstamo para a casa.
Mércores 22 de abril. Celebramos do Día do Libro e da Familia!
Este ano celebramos o Día do Libro e da Familia xuntos. Primeiro, de 15:30h a 16:30 h faremos lecturas compartidas co alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e a ESO (voluntarios/as). Cada familia unirase ao seu grupo e sairemos ao patio ler xuntos os libros que previamente escollan os nenos e nenas cos seus titores/as (non tedes que traelos da casa). A continuación, a partir das 16.30 h haberá un concerto didáctico da man de Lydia Botana (Bolboreta) do libro disco en galego "De aquí para alá" que durará uns cincuenta minutos.
- O alumnado de EI lerá no patio de EI.
- O alumnado de 1º e 2º lerá na zona do "estanque".
- Alumnado de 3º e 4º lerá na zona de baixada paralela ao patio de EI.
- O alumnado de 5º e 6º lerá na zona das árbores.
O concerto de Lydia será fóra e non haberá aforo limitado pero si é necesario anotarse para levar un control dos que imos ser e por se chovera no correo: bibliotecacpivirxedacela@gmail.com
- O alumnado de EI lerá nas súas propias aulas.
- O alumnado de 1º, 2º e 4º lerá no patio cuberto.
- O alumnado de 3º no primeiro andar.
- O alumnado de 5º e 6º no segundo andar.
18/03/26
EXPOSICIÓN SOBRE A INDIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
09/03/26
Desa-fíos
08/03/26
Alguén tivo que tirar do fío...
05/03/26
8M
8M: TECENDO IGUALDADE CON "FÍOS" DE MULLERES VALENTES
Para conmemorar 8 de marzo, no noso cole, decidimos que as palabras non eran abondo e puxémonos mans á obra para visibilizar a aquelas mulleres que, ao longo da historia, axudaron a construír o mundo que hoxe coñecemos.
Baixo o marco do noso PDI "Tirando do fío", o alumnado converteuse en investigador para dar vida a un mural colectivo que enche de cor e sabedoría os nosos corredores.
🧵 Un proxecto con fío propio
A actividade consistiu en que cada grupo-clase elixise unha muller ou un colectivo de mulleres cuxo legado fose transformador. Para que o mural tivese unha estética compartida, todos traballamos sobre unha ficha-modelo onde recollemos o máis esencial:
- O Nome: Identificando a protagonistas de tódalas épocas e ámbitos.
- O seu "fío" principal: Ese gran logro ou achega á sociedade que define a súa traxectoria.
- A súa historia: Un breve percorrido pola súa vida, loitas e legado.
- A súa imaxe: Retratos e ilustracións que poñen cara a estas referentes.
📚 Unha biblioteca para seguir descubrindo
Pero a homenaxe non quedou só nas paredes. Para acompañar o mural, organizamos unha exposición de libros vinculados co Día Internacional da Muller. Desde biografías de mulleres pioneiras ata contos que rompen estereotipos, esta selección está á disposición de todo o alumnado para seguir "tirando do fío" da lectura e da igualdade.
"A educación é o camiño para que as nenas de hoxe sexan as mulleres libres de mañá."
Grazas a todos os alumnos e alumnas polo voso esforzo na investigación e por axudarnos a tecer esta rede de referentes femininas!
03/03/26
O noso Entroido: A moda e o ritmo das diferentes épocas.
Seguimos "Tirando do fío"! Aquí vos deixamos as actuacións do Entroido dos diferentes cursos e o traballo de busca de información feito polas desde as aulas que nos serviu para facer as presentacións. Grazas familias polo traballo nos obradoiros e por compartir con nós estes momentos!
02/03/26
Cartelería para coidar a nosa roupa
Aos nenos e nenas de EP plantexóuselles cando volvemos das vacacións de Nadal uns propósitos de ano novo. Pensaron que "problemas" había no noso cole é como podían axudar a resolvelos. Unha destas boas intencións foi a de axudar a que non se tirara e se perdera tanta roupa. A súa idea foi facer carteis para informar. Tivemos a sorte de contar cunha experta en artes gráficas da familia dunha das nenas da clase. Despois da visita de Nuria Pico de Miúdo Estudio e de analizar a tipoloxía textual dos carteis, puxémonos mans á obra. Aquí está o resultado e os lemas que crearon. Esta actividade está encadrada no seu proxecto de investigación: De donde vén a nosa roupa? para o PDI "Tirando do fío".
Celebración do día de Rosalía
Durante este día a alumna de 2º da ESO, Lola, deleitounos cunha cantiga ben bonita elaborada con IA. Durante toda a mañá e nos recreos o alumnado puido ir escoitala. Ademais da tradicional exposición de libros pola tarde abrimos a porta ás familias de 16:30 a 17.30 para que poideran gozar da canción e realizar susurradores de poesía usando a técnica do collage coas nosas revistas de expurgo. Aquí tedes algúns destes momentos.






















.jpg)







