Polo Día das Bibliotecas entregamos premios aos máis lectores de EP e ESO e dende o Dto. de Lingua e Literatura Galega, Laura, achéganos este vídeo sobre as bibliotecas máis emblemáticas do mundo.
Feliz día a todas as persoas usuarias!
Polo Día das Bibliotecas entregamos premios aos máis lectores de EP e ESO e dende o Dto. de Lingua e Literatura Galega, Laura, achéganos este vídeo sobre as bibliotecas máis emblemáticas do mundo.
Feliz día a todas as persoas usuarias!
A través da Asociación Euroeume o alumnado de 3º e 4º de EP estivo elaborando produtos de apoio para axudar ás persoas con diversidade fncional a que a súa vida sexa máis fácil. O tema sobre o que xirou o obradoiro foi a roupa e velaquí están algúns dos seus deseños e prototipados para axudar a abotoarse de maneira máis sinxela, poñer os zapatos, os calcetíns, a chaqueta... Contribuímos a un mundo máis xusto e con menos barreiras.
Alumnado de 3º Educación Dixital traballando na biblioteca escolar co xornal La Voz de Galicia, utilizando os exemplares en papel que reciben pola nosa participación no programa Prensa-Escuela. O xornal convírtese nun elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe, axudando ao alumnado a desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa. Desde a biblioteca escolar e a materia Educación Dixital queremos apostar pola Alfabetización Mediática e Informacional(AMI), un conxunto de habilidades que permiten ás persoas acceder, analizar, avaliar, crear e utilizar información de maneira crítica e responsable. A prensa xoga un papel crucial como medio de difusión e como suxeito de análise neste proceso, axudando aos cidadáns a discernir noticias veraces de desinformación e a participar activamente na sociedade. Precisamente o 24 de outubro comemoramos o Día das Bibliotecas Escolares baixo o lema "Contra a Desinformación: Bibliotecas".