O venres 22 de maio do 2026 alumnado e profesorado do CPI Virxe da Cela celebramos ao aire libre un colorido festival para conmemorar tanto as letras como a cultura galega. Contamos cun pregoeiro moi especial, Richi Casás, que exerceu de eslabón entre as Letras Galegas 2025 (adicadas ás cantareiras, entre elas a súa avoa e tía avoa , Rosa e Adolfina Casás) e as Letras Galegas 2026, adicadas a Begoña Caamaño. Realizamos lecturas en directo de diferentes textos en relación á autora homenaxeada, nun acto de lectura colectiva no que quixeron formar parte alumnado, profesorado e incluso algunhas nais que pertencen ao Club de Lectura de Adultos. Os textos seleccionados foron:
-Prólogo ao disco que Uxía Senlle fixo de Rosalía Pequeniña, escrito por Begoña Caamaño.
-Capítulos “A Mesa” e "A Mundanza", do libro O Transgredir das Ondas, nos que Paula Carballeira, amiga de Begoña Caamaño, nos achega dun xeito máis familiar á vida da homenaxeada.
- “Cuestionario Proust” a Begoña Caamaño. Este é o cuestionario que lle fixo o escritor, profesor e amigo Ramón Nicolás a Begoña Caamaño para o seu blog Caderno de Crítica e que aparece no libro Begoña ou o pracer de amizade, de Beatriz Maceda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario