28/04/23

CONTACONTOS "A FAMILIA"

 "A Familia" é o título do conto teatralizado que os rapaces e rapazas do Grupo Variopinto Animación, pertencente á Fundación Igualarte (unha fundación que traballa en favor do colectivo de persoas con diversidade funcional e a súa inclusión) contaron aos nenos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, amosando as diferentes familias que nos podemos atopar (monoparentais, numerosas, con dous papás, con dous mamás). Unha vez rematada a actividade cada neno/a debuxou as persoas que conforman a súa familia e as presentaron elaborando un móbil colgante. Cada familia é diferente, pero igualmente marabillosa!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario