24/04/23

EXPOSICIÓN MULLERES NA PEDAGOXÍA

 Dende o luns 24 abril ata o luns 8 de maio de 2023 estará a disposición da comunidade educativa na biblioteca escolar a exposición "Educación en Feminino: un paseo pola historia". Esta interesante mostra está composta por 39 pósters elaborados polo alumnado da materia Teoría e Historia da Educación Escolar 1º curso (1º semestre) do Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria e do Dobre Grao Infantil+Primaria, da Facultade de Formación do Profesorado (Campus de Lugo, USC). O seu contido recolle  as biografías e a obras pedagóxicas de máis de 50 educadoras (ou colectivos de educadoras) teóricas e/ou prácticas, de distintos lugares do mundo e de diferentes épocas históricas (con especial protagonismo para educadoras galegas da Idade Contemporánea), ordenados polo ámbito xeográfico-cultural de pertenza e data de nacemento das súas protagonistas.










Exposición Educación en Feminino by veracruces on Scribd

Ningún comentario:

Publicar un comentario