Esta é a crónica que fai da actividade unha das alumnas que asistiron:
“Hoxe fomos as clases de 5º
e 6º á biblioteca xa que viña a visitarnos un chico moi simpático para que
coñecéramos algúns poemas de Rosalía de Castro, porque estamos preto do Día das
Letras Galegas. Propúxonos que fixeramos un poema con versos de distintos
poemas de Rosalía como fixo el con nós.
A clase foi moi entretida pero o dos
poemas , non é o meu!.”
Noelia
Ares Iglesias. 5º de EP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario