Dentro as actividades enmarcadas dentro do programa Voluntariado na Biblioteca Escolar, iniciamos o pasado mércores 6 de marzo de 2024 un ciclo de lecturas interxeneracionais. Bruna aprende a dejarse ayudar da colección Naturaleza y Emociones (Ana Ferrer y Bárbara Sansó), foi a o libro elixido, unha fermosa historia que axudou aos nenos e nenas de 2º EP a reflexionar sobre o concepto de empatía. Iván Bermúdez Gabarri, alumno de 4º ESO e membro integrante do Club de Lectura Larpacontos exerceu como un contacontos profesional, narrando a historia e captando a atención dos máis pequenos/as. Agradecemos o apoio e participación dos integrantes do Club de Lectura Larpacontos para poder levar a cabo esta actividade, que terá continuidade nas vindeiras semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario