A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da
Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día
das Bibliotecas, este 24 de outubro
de 2020. "A
edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en
destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á
cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e
circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando
servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir. As bibliotecas escolares
galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da
comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre
reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as
nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén,
a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e
do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas
públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA
ESCOLAR , quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece
a biblioteca escolar para a construciónn da persoa lectora a través
de distintas actividades de distintas actividades que programa e dos recursos
que pon a disposición da comunidade educativa, que a ten sempre ao seu carón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario