Bibliografía Letras Galegas de bibliotecacpivirxedacela
08/05/25
Materiais para as Letras Galegas
Estamos organizando todo para que nos queden unhas Letras Galegas cheas de pandeiretas e foliadas así que aquí vos deixamos a cantiga final do acto conmemorativo do venres 16 de maio e a letra da mesma por se queredes practicar. Que siga a festa!
Miña naiciña, miña nai é beiladora
Non hai outra no lughar-e,
tamén era a miña avoa, coñecida no beilar-e.
Miña nai do corazón-e
Aprendeume a punteada
Despois de pedirlle un ano, para ir á foliada
Ai lalela, ai lalela, ai lalela lela lela
Miña naiciña, meu corazón
Vente comigo a bailar ao salón
Ao salón si, ao salón non
Miña naiciña do meu corazón
Miña nai tirou un punto,
na foliada do patrón-e
Inda hoxe andan os guapos
A buscarlle explicación-e
Ai lalela, ai lalela, ai lalela lela lela
Miña naiciña, meu corazón
Vente comigo a bailar ao salón
Ao salón si, ao salón non
Miña naiciña do meu corazón
Miña naiciña, meu corazón
Vente comigo a bailar ao salón
Ao salón si, ao salón non
Miña naiciña do meu corazón
Miña naiciña, meu corazón
Vente comigo a bailar ao salón
Ao salón si, ao salón non
Miña naiciña do meu corazón
21/04/25
Animalario Imaxinario
O alumnado de 2º de EP estivo aprendendo sobre os animais e, baseándose no libro "El animalario universal del profesor Revillod" que temos na biblioteca, imaxinaron as súas propias criaturas. Mesturaron e debuxaron troncos, cabezas e extremidades de diferentes texturas que foron recollendo usando a técnica do frottage dende a sola dos zapatos ata as cortizas das árbores. Velaí o resultado de anfibios acuáticos omnívoros e mamíferos terrestres ovovivíparos (entre outros!). Para animar as ilustracións usamos a páxina Animated Drawing.
17/04/25
Non podo debuxar
Editorial: BLUME NATURART, S.A.
Ano de edición: 2021
Materia: Arte. otras formas
ISBN: 978-84-18725-02-9
Páxinas: 160
Encadernación: Rústica
Colección: BLUME
No Museo do Prado atopamos esta publicación que nos achegou á ilustración de forma sinxela e sobre todo moi divertida.
Con ela adquirimos confianza nas nosas capacidades e estimulamos a nosa creatividade.
Empezamos cos trazos máis sinxelos para irnos introducindo no debuxo das figuras humanas, expresións e movementos.
Aquí tedes os resultados.
Te animas? está no catálogo da nosa biblioteca?
04/04/25
FULIADA NA BIBLIOTECA CON RICHI CASÁS
Xoves 3 de abril 2025, de 15:10 a 16:35. Biblioteca Castelao. O alumnado de 3º da ESO leva todo o curso 2024-2025 traballando nun proxecto centrado no asociacionismo e a música tradicional, establecendo comunicacións con diferentes asociacións e artistas. Unha das metas era traer a o centro a Richi Casás, mestre e músico moi comprometido coa recuperación e a transmisión do noso patrimonio inmaterial: a música e o legado das cantareiras. Non é casual que Richi sexa neto de Rosa e de Adolfina Casás, unhas das pandereiteiras/cantareiras homenaxeadas nas Letras Galegas 2025. Tendo como referencia o título do libro-disco de Richi, Fuliada na Vila (que mercamos este curso na biblioteca para promover as Letras Galegas e tamén como lectura no Club Lectura Larpacontos ESO), convertimos a biblioteca nun espazo musical e montamos a nosa propia "fuliada", sendo o alumnado de 2º e 3º da ESO protagonista coa interpretación de temas tan coñecidos como "O Caneco" ou agasallando ao propio Richi coa nosa propia versión da "Muiñeira Floreada". Achegáronse pola biblioteca profesorado e alumnado de 1º e 4º da ESO para gozar desta sesión musical tan viva e convertíndonos nun eslabón máis da cadea que recolle a voz e a memoria dos nosos ancestros, axudando a conservar o noso patrimonio inmaterial.















