04/04/25

FULIADA NA BIBLIOTECA CON RICHI CASÁS

 Xoves 3 de abril 2025, de 15:10 a 16:35. Biblioteca Castelao. O alumnado de 3º da ESO leva todo o curso 2024-2025 traballando nun proxecto centrado no asociacionismo e a música tradicional, establecendo comunicacións con diferentes asociacións e artistas. Unha das metas era traer a o centro a Richi Casás, mestre e músico moi comprometido coa recuperación e a transmisión do noso patrimonio inmaterial: a música e o legado das cantareiras. Non é casual que Richi sexa neto de Rosa e de Adolfina Casás, unhas das pandereiteiras/cantareiras homenaxeadas nas Letras Galegas 2025. Tendo como referencia o título do libro-disco de Richi, Fuliada na Vila (que mercamos este curso na biblioteca para promover as Letras Galegas e tamén como lectura no Club Lectura Larpacontos ESO), convertimos a biblioteca nun espazo musical e montamos a nosa propia "fuliada", sendo o alumnado de 2º e 3º da ESO protagonista coa interpretación de temas tan coñecidos como "O Caneco" ou agasallando ao propio Richi coa nosa propia versión da "Muiñeira Floreada".  Achegáronse pola biblioteca profesorado e alumnado de 1º e 4º da ESO para gozar desta sesión musical tan viva e convertíndonos nun eslabón máis da cadea que recolle a voz e a memoria dos nosos ancestros, axudando a conservar o noso patrimonio inmaterial. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario