03/07/26
17/06/26
LANZAMENTO DA REVISTA TEEN SIDE
E chegou o esperado momento. Por fin o alumnado de 2º da ESO pode ver o resultado do seu traballo. O mércores 17 de xuño procedeuse ao lanzamento de Teen Side, unha revista para a mocidade escrita en lingua galega, en formato papel. Xa é o terceiro número que se publica, e na entrega dos exemplares tamén estivo presente o alumno MGT de 4º da ESO, creador do primeiro número da revista no curso escolar 2023-2024. Este terceiro número da revista Teen Side foi iniciado o pasado curso acaémico na materia de Proxecto Competencial, e este ano, grazas ao apoio da profesora de galego Laura Pensado, incluimos tamén outros seccións e colaboracións, para que todo o alumnado de 2º da ESO tivera a posibilidade de participar na revista.
12/06/26
11/06/26
TEEN SIDE XUÑO 2026
04/06/26
Memorias entretecidas.
Aquí vos deixamos os documentos que recopilamos de recordos do centro destes 50 anos de historia.
Moitas grazas a todos/as participantes
03/06/26
Festival Letras Galegas e Maios 2026.
O venres 22 de maio do 2026 alumnado e profesorado do CPI Virxe da Cela celebramos ao aire libre un colorido festival para conmemorar tanto as letras como a cultura galega. Contamos cun pregoeiro moi especial, Richi Casás, que exerceu de eslabón entre as Letras Galegas 2025 (adicadas ás cantareiras, entre elas a súa avoa e tía avoa , Rosa e Adolfina Casás) e as Letras Galegas 2026, adicadas a Begoña Caamaño. Realizamos lecturas en directo de diferentes textos en relación á autora homenaxeada, nun acto de lectura colectiva no que quixeron formar parte alumnado, profesorado e incluso algunhas nais que pertencen ao Club de Lectura de Adultos. Os textos seleccionados foron:
-Prólogo ao disco que Uxía Senlle fixo de Rosalía Pequeniña, escrito por Begoña Caamaño.
-Capítulos “A Mesa” e "A Mundanza", do libro O Transgredir das Ondas, nos que Paula Carballeira, amiga de Begoña Caamaño, nos achega dun xeito máis familiar á vida da homenaxeada.
- “Cuestionario Proust” a Begoña Caamaño. Este é o cuestionario que lle fixo o escritor, profesor e amigo Ramón Nicolás a Begoña Caamaño para o seu blog Caderno de Crítica e que aparece no libro Begoña ou o pracer de amizade, de Beatriz Maceda.
02/06/26
Enquisas da biblioteca curso 25/26
29/05/26
Coser e contar. Marta Ortiz. ANPA.
Grazas á ANPA por este convite a escoitar os contos de Marta Ortiz: pura delicadeza e libres de estereotipos.
27/05/26
Obradoiro de e.téxtiles
17/05/26
16/05/26
Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño.
Aquí tedes algunhas das actividades que se fixeron no centro sobre as Letras Galegas e Begoña Caamaño e os maios.
Lendo a Begoña no Club de Lectura da ESO: Larpacontos.
Exposición de carteis:
10/05/26
Derradeiro obradoiro do curso: Estampación téxtil.
30/04/26
XVIII Xornadas dos Clubs de Lectura
O xoves 29 de abril a coordinadora do Club de Lecturas Larpacontos ESO participou na reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de Clubs de Lectura, celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, .Nesta XVIII Xornada dos Clubs de Lectura reuniu arredor de 600 persoas, entre participantes, relatores e persoas asesoras de formación do profesorado.
Iniciouse a xornada coa intervención (formato videoconferencia) de Manolo Rivas, Premio dos Clubs de Lectura 2026,. Este galardón recae no autor galego máis lido nos clubs de lectura no curso 2024/2025.
Continuouse coa intervención do mediador e coordinador do Premio Mandarache Alberto Soler, e posteriormente disfrutamos dunha conversa arredor doutros clubs de lectura en librarías e bibliotecas públicas e unha charla sobre clubs de lectura fácil.
Xa en horario de tarde leváronse a cabo sesións simultáneas coa experiencia de nove centros integrados no programa e a presentación da plataforma M8 por ler. O peche da xornada deu voz ás persoas que participan nos clubs de lectura.
29/04/26
28/04/26
Entrevista as avoas do Centro de Día do Xestal
Durante o 1º trimestre o alumnado de 3º de EP leu o libro "Eu tamén fun pequena" de Concha Blanco e decidiron facerlles unha entrevista ás avoas do Centro de Día do Xestal para saber cousas sobre como era a vida de antes relacionadas coa costura, o tecido, a la, as lavandeiras...
Aquí tedes o resultado! Moitas grazas ás usuarias e á súa terapeuta ocupacional Lidia que con tanto agarimo e amabilidade nos trataron. Seguimos "Tirando do fío".














