O próximo 20 de novembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs. Desde Monferosolidario queremos chamar a atención sobre os millóns de nenos e nenas que seguen sen ter acceso aos dereitos máis básicos como a educación, a sanidade, un fogar...e que teñen que abandonar os seus soños. E facemos tamén un chamamento aos gobernos para que cumpran os seus compromisos de realizar plenamente os dereitos da infancia. Hai que traballar para que todos, independentemente do lugar ou as condicións nas que nazan, teñan un futuro mellor!
Por iso o 20 de novembro todos imos ser azuis, para reivindicar e pedir aos estados que garantan os dereitos da infancia máis vulnerable. E preguntarédesvos porque azuis?, pois no seguinte vídeo podedes ver a proposta que fan os alumnos e alumnas de 3º de ESO. Animamos a todas as clases a que se unan á nosa reivindicación e nos envíen unha foto da clase coa proposta. Con todas as instantáneas faremos un vídeo super chulo POLOS DEREITOS DOS NENXS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario