Neste curso académico 2018-2019 celébrase o 10º aniversario do programa School to School (Fundación Vicente Ferrer).
O CPIP Virxe da Cela participará na recadación de fondos para construír unha
nova escola na India rural a partires da creación e venta de marcapáxinas solidarios.
07/05/19
29/04/19
Semana Mundial de Acción pola Educación
Na última semana do mes de abril 2019 celebramos no colexio a SAME (Semana Mundial de Acción pola Educación). Este ano o lema é “Defendemos a educación, sostemos o mundo” e a campaña está centrada na loita contra a degradación medioambiental e a transformación cara un modelo social e medioambiental sostible. O alumnado de 2º de ESO nas materias de Relixión e Valores Éticos deseñou e levou a cabo un gran mural para difundir o lema da campaña. E como actividade conxunta cada clase ou grupo do centro elixiu palabras que relacionadas co lema da campaña (por exemplo: ecoloxía, cambio climático, planeta, reciclaxe, etc) e construiu as letras desas palabras utilizando vasos de iogur (na base de cada vaso vai pintada unha letra).
O venres 26 de abril habilitouse un espazo na biblioteca que serviu de base para ir construíndo un gran “autodefinido” conxunto (EI, EP e ESO). Ao longo da mañá cada grupo baixou acompañado polo seu titor/a para colocar as súas palabras.
27/04/19
Preguntón 2019. 1º Semana
Aquí tedes as preguntas da primeira semana. Como sabedes tedes ata o venres 3 de maio para atopar as respostas. Non esquezades que podedes obter puntos extra se utilizades algún libro da biblioteca para obter as respostas.
24/04/19
Bases preguntón 2019
Un
ano máis volvemos convocar o concurso do preguntón. Este ano cunha duración de catro
semanas e coma en cursos anteriores dirixido aos alumnos de 5º e 6º de
Educación Primaria e aos catro cursos da ESO.
Bases do Preguntón
PARTICIPANTES
Poderá participar o
alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e todo o de Secundaria formando
equipos de 2 persoas de calquera curso.
Os participantes deberán
inscribirse na Biblioteca debendo cubrir unha folla cos datos dos compoñentes
do grupo e o nome do grupo.
Poderanse apuntar ata o venres 26 de abril.
O XOGO
-O xogo desenvolverase
dende o venres 26 de abril ata o xoves 16 de maio. Consta de varias
preguntas ou probas.
Estarán expostas no
taboleiro do PREGUNTÓN situado xunto á porta da Biblioteca e no blog da
Biblioteca Castelao.
- Cada venres publicaranse
no taboleiro e no blog as preguntas ou probas.
- Cada luns publicaranse no taboleiro as puntuacións obtidas.
-O prazo para entregar
as respostas será ata o venres seguinte ás 12:35. Nese tempo poderedes empregar
calquera servizo da biblioteca, libros, ordenadores, internet, ou os vosos
propios recursos.
-As respostas debedes
presentalas nas follas que atoparedes na biblioteca e depositalas no prazo previsto
nunha furna habilitada para este concurso.
-Cada pregunta ou
proba ten unha puntuación indicada explicitamente. Os equipos que presentedes a
resposta acertada dentro do prazo sumaredes os puntos en xogo.
- NOVIDADE: Punto extra: poderase gañar un
punto extra por cada pregunta na que se indique un libro da nosa biblioteca
onde se atopa a resposta. Anotarase o título, autor e páxina onde está a
resposta indicada.
-Cando semana cando
remate o prazo de entrega, publicaremos as respostas no taboleiro do
Concurso.
GAÑADORES
-O equipo gañador será
o que acumule máis puntos ao remate do concurso. En caso de empate, o premio
será repartido entre os equipos que acaden a mesma puntuación.
-Haberá un equipo
gañador e dous equipos finalistas.
XURADO
-O xurado estará
composto polos membros do equipo da Biblioteca e do ENDLG.
-Se o xurado detecta
calquera comportamento antideportivo, adoptará medidas, incluíndo a
descualificación do equipo ou equipos implicados. -A participación no
concurso supón a aceptación de todas estas bases.
23/04/19
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro para recoñecer a
súa importancia como ferramenta cultural.
Todo, todo está nos libros. Todo o que é. E todo o que non
é, pero podería ser. Tamén o que nunca foi nin será, nin podería selo.
A vida toda está nos
libros: a historia da humanidade... o que sentimos as persoas... o que soñamos
ou simplemente imaxinamos...
E por qué lemos?
- En primeiro lugar
porque alguén nos aprendeu a facelo,
- porque outras
persoas nos acompañaron nas nosas primeiras lecturas,
- porque leron para
nós ata que fumos capaces de facelo por nós mesmos
- porque desfrutamos
coa lectura compartida no camiño de descubrir o placer de mergullarnos sós nun
libro.
Isto é o que queremos homenaxear no Día do Libro: as persoas que foron abrindo camiños para nós; esas persoas que, lendo, axudáronos a medrar como lector@s. E a nós mesmos que apamadriñamos a outros nenos e outras nenas que veñen detrás.
Isto é o que queremos homenaxear no Día do Libro: as persoas que foron abrindo camiños para nós; esas persoas que, lendo, axudáronos a medrar como lector@s. E a nós mesmos que apamadriñamos a outros nenos e outras nenas que veñen detrás.
15/03/19
SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA
Do 11 ao 15 de marzo de 2019 os centros educativos galegos
celebramos a Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituída oficialmente
dentro do calendario escolar en 1989 e impulsada pola Voz de Galicia.
No noso centro, un ano máis, realizamos unha exposición con
xornais e revistas de distintos lugares de España e do mundo e de diversa
temática: prensa xeral, prensa deportiva, prensa económica… Poderemos así
complementar as nosas clases convertindo a prensa nun
elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o
sentido crítico dos nosos nenos/as e mozos e mozas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














