O profesor de Língua Galega propúxolles aos seus alumnos de 1º E.S.O. que fixeran unhas tiras de banda deseñada con temática libre.Estes son os resultados:
20/05/11
18/05/11
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011
Presentación do día das Letras Galegas na Biblioteca
Alumnado de 1º da ESO exhibindo o marcapáxinas
Co galo da celebración do Día das Letras Galegas 2011, o vindeiro Venres 13 de maio de 2011 realizarase unha actividade para o fomento da lectura en lingua galega. Todo o alumnado do centro será agasallado cun libro de contos en galego e un marcapáxinas conmemorativo. O acto terá lugar na Biblioteca Castelao, onde se realizará a entrega. Os grupos, acompañados polos seus titores/as visitarán a Biblioteca no seguinte horario:
•De 12:35 a 12:45: alumnado de 2º Ciclo de Educación Primaria.
•De 12:45 a 12: 55: alumnado de 3º Ciclo de Educación Primaria.
•De 13:00 a 13:05: alumnado de 1º ESO
•De 13:05 a 13:10: alumnado de 2º ESO
•De 13: 10 a 13:15: alumnado de 3º ESO
•De 13:15 a 13:20: alumnado de 4º ESO
O alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria recollerán os seus agasallos o mércores 18 de maio en horario de 12:35 a 13:00 (motivo: saída extraescolar o venres 13 de maio)
O alumnado de PCPI recibirá o agasallo a través do seu titor.
Agradecemos ao Concello de Monfero a doazón dos libros.
Esta actividade de fomento da lectura en lingua galega está promovida pola Biblioteca Escolar, o EDLG e o Departamento de AAEE.
12/05/11
O pequeno señor Paul

"Cando o pequeno señor Paul era un señor Paul aínda máis pequeno, vivía nun mundo cheo de libros. A casa dos seus pais estaba de arriba abaixo chea de libros. Había libros no salón, libros no soto, mesmo no faiado había libros en andeis.Poderíase pensar que a familia Paul vivía realmente nunha Biblioteca. Mesmo algúns dos mobles eran libros.Había tallos feitos de libros, unha butaca de libros, e co atlas enorme do avó fixeran unha mesa.Dependendo da páxina por que estivese aberto, a familia podía almorzar en América, cear en África ou tomar o café na Lúa..."
Así comeza este fermoso libro de breves relatos onde a lectura é o centro da vida dun entrañable personaxe, o señor Paul, protagonista de todas as historias.Estes relatos, orixinais e sorprendentes, presentan unha mirada inxenua e aguda da realidade: libros con finais diferentes segundo quen o lea, que contan a vida daquel que os le, que crecen nas árbores, personaxes imposibles (como o vendedor de habilidades, ou o muñeco do semáforo, que cobra vida), e sucesos surrealistas. No mundo do señor Paul, todo o que teña espazo entre as tapas duras dun libro e o que faga vibrar a alma dun lector é posible. E todo iso, son moitas, moitas cousas…
O autor do libro, Martín Baltscheit, móstranos cómo sin a lectura a vida é moito máis pequena.
09/05/11
Lois Pereiro
Este ano o día das Letras Galegas, o 17 de Maio, está adicado ao poeta monfortino Lois Pereiro.
Tedes información moi completa sobre o autor: biografía, obra, fotografías e vídeos,comentarios a súas obras.... na páxina de AENDL (Coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) .Tamén hai na devandita páxina abundante e variado material didáctico: paneis, webquest...
Neste video podes escoitar algún dos seus poemas da man de Arturo Casas, Antón Losada, Paco Macías, Antón Patiño e Antón Lopo que len poemas de Lois Pereiro.
O CEIP Condesa de Fenosa elaborou este estupendo traballo sobre LOIS PEREIRO
Para rematar tedes dous artigos un de Aarón López en Galiciaé :
Lois Pereiro, a encarnación dunha xeración (15/09/2009)
E o outro de Daniel Salgado en El País:
O día en que o punk entrou na Academia (2/07/2010)
O alumnado de Primaria do noso centro fixo o seguinte mural sobre a vida e obra de Lois Pereiro:08/05/11
Un avó especial

O libro “Un avó especial” está baseado na obra teatral do mesmo nome que a compañía “Migallas Teatro” creou no ano 2005 co asesoramento de AFAPO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra), co obxectivo de axudarlles aos nenos e nenas a comprender mellor a doenza do Alzheimer.
O texto de Carlos Yus e as ilustracións de María Campos contan a relación entre un avó e a súa neta desde que esta nace ata que ten doce anos. O avó cóidaa, ensínalle ditos, cantigas, xogos... Co paso do tempo sucédense as risas e os enfados entre os dous pero, un día, o avó comeza a ter moitos despistes e, ademas, cámbialle o carácter. Rosiña, coa axuda dos seus pais, ten que facer fronte a esta nova situación.
Tamén trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as anciáns/as en xeral así como diferentes modos de educar aos nenos por parte dos membros da familia. Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural.
Tedes unhas cantas propostas para traballar na seguinte unidade didáctica do espectáculo de Migallas Teatro "UN AVÓ ESPECIAL”.
05/05/11
Dúas peliculas do gran Charles Chaplin
Acaban de chegar á biblioteca dúas xoias cinematográficas deste gran realizador.Dúas das mellores comedias xamais realizadas.En "El Gran Dictador" Chaplin retrata coa súa orixinal ironía a ascensión ao poder do réxime fascista, interpretando un dobl
e papel como o dictador Hynkel e un humilde barbero xudeo que no
n sabe que outra persoa fisicamente igual convertiuse en dictador do país.
En "Tiempos modernos" Charlie Chaplin enfréntase á cadea de montaxe dunha fábrica.
Coa revolución industrial un obreiro perde o seu traballo ao non poder adaptarse ao proceso automático de producción.... ¡¡ O home contra as máquinas !!
e papel como o dictador Hynkel e un humilde barbero xudeo que no
n sabe que outra persoa fisicamente igual convertiuse en dictador do país.En "Tiempos modernos" Charlie Chaplin enfréntase á cadea de montaxe dunha fábrica.
Coa revolución industrial un obreiro perde o seu traballo ao non poder adaptarse ao proceso automático de producción.... ¡¡ O home contra as máquinas !!
04/05/11
Novidades DVD
Estas son as novidades en DVD que acaban de chegar a nosa Biblioteca.Nesta presentación as podedes ver:
29/04/11
A gañadora do premio Cervantes 2010

Fai uns días entregouse o Premio Cervantes 2010 que recibiu a escritora Ana Mª Matute.É a terceira muller en gañalo.No seu discurso fai unha bella defensa da invención como valor supremo na vida. O realismo social e os mundos infantís e máxicos están reflexados na súa obra.
O seu discurso completo o podes ler no seguinte enlace.
Se pinchas na súa imaxe accederas a un especial sobre a súa vida e a súa obra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

