Polo Samaín, e dentro dun programa máis amplo de actividades, a biblioteca encherase de casas encantadas e lecturas! Sabedes que unha das casas encantadas máis coñecidas da literatura está moi cerca do noso Concello? En Doroña (Vilarmaior) Agustín Fernández Paz atopou a inspiración para escribir unha das súas obras máis lidas: "Cartas de inverno". Animádevos a participar e encher de edificios misteriosos de cartón a nosa biblio. Pola tarde, coas familias, de 16:30 a 17:30 aproximadamente, poderedes vir a visitar a exposición e ler a escuras. Traede as vosas lanternas por se acaso, nós temos algunhas pero oxalá non nos cheguen!
Samaín 2025 de bibliotecacpivirxedacela14/10/25
22/09/25
Saen as mochilas viaxeiras!
Durante estes días iredes recibindo nas casas as primeiras viaxes das nosas mochilas viaxeiras cheas de libros, de xogos e de moitas aventuras para pasar tempo en familia.
18/09/25
Chispa tivo un bebé!

08/09/25
20/06/25
EU COLABORO NA BIBLIO!!!
Esta mañá o alumnado colaborador da biblioteca, de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO, recibiron os diplomas que acreditan as horas que lle dedicaron á nosa biblioteca no seu tempo de lecer.
Os colaboradores e as colaboradoras son persoas que, de forma voluntaria, veñen á biblio no recreo para axudar en diferentes tarefas como:
- Colocar os libros.
- Poñer os tellos.
- Facer empréstitos.
- Organizar actividades.
- Facer exposicións documentais.
- Axudar aos usuarios a atopar os fondos bibliográficos.
13/06/25
ACTO DE CLAUSURA DO PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Remata o curso e damos por finalizado o proxecto School to School, un intercambio cultural e de tradicións entre o CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) e a Konapalli School (a India). Quixemos reunirnos todos os/as participantes ( alumnado de 5º de EP e 1º da ESO) na Biblioteca Castelao para facer un visionado de todos os materiais elaborados polo noso centro e pola Konampalli School, que están pendurados nunha plataforma dixital. A través das fotos, vídeos, debuxos e cartas descubrimos que a parte de todas as diferenzas que nos enriquecen a ambas culturas, no fondo subxacen moitas cousas en común. Valorar o noso e respectar o diferente axuda a derrubar muros e hermanar aos pobos. Grazas á Fundación Vicente Ferrer podemos participar todos os anos nesta iniciativa tan interesante. Todos os rapaces e rapazas, e as profesoras que guiaron ao alumnado durante todo o proceso de traballo, recibiron un colorido diploma acreditativo agradecendo a súa participación.





